COLEGAS

domingo, 31 de agosto de 2014

Furafollas anano: unha nova especie para Ourense?.

Vaia por diante que o que plantexo neste post non é máis que unha teoría persoal, e non unha afirmación categórica pola miña parte.

O pasado día 10 de maio de 2014 foi atopado no lugar de Casardomato (parroquia de Arrabaldo) en terreos pertencentes ao concello de Ourense, un pequeno sorícido de tamaño minúsculo e con moito carácter, de apenas o tamaño da  primeira falanxe do dedo pulgar.

Despois de moito pescudar nos libros da casa, e en imaxes en internet, teño a sospeita de que se trataría dun furafollas anano (Suncus etruscus). Aínda que debido á dificultade que entraña a identificación deste tipo de micromamíferos vivos e na man, deixoo en cuarentena.

Os micromamíferos soen ser indentificados e estudiados mediante os osos, habitualmente atopados nas egragópilas das aves rapaces nocturnas (curuxas, mouchos, etc). O inconvinte da identificación que se plantexa é que esta especie, "Suncus etruscus", nunca foi citada no Noroeste peninsular. Asemade a especie presenta lagoas na súa distribución xa que, debido ao seu pequeno tamaño, os seus osos non soen aparecer nas egragópilas das rapaces.

O vernáculo "furafollas enano" acabo de inventalo, xa que non atopei referencias para a especie en galego. Xa que en galego sóense denominas ás musarañas coma "furafollas" tomei prestado o termo do catalán "musaranya nana" e do portugués "musaranhao-anao".

Agardo as vosas opinións nos comentarios.



















Pedreiro cincento no encoro de Cachamuiña.

Como dixemos anteriormente, nestes días está escomezando o paso postnupcial para certas especies de aves. Este feito permitiranos ver aves doutras latitudes e añtitudes, en lugares de repouso. Unha destas aves é o pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe).

Aínda que a nosa provincia posúe unha pequena poboación nidificante desta especie, asentada xeralmente en alturas superiores aos 800 metros, é durante os pasos cando se observa a especie con maior frecuencia e facilidade, aínda así, na Depresión Ourensá, a especie é escasa incluso durante as pasaxes, sendo o encoro de Cachamuiña no Pereiro de Aguiar, un dos escasos lugares onde a especie se deixa ver, dentro da comarca da capital da provincia.

Nas imaxes, dous exemplares atopados en dito lugar o pasado 23 de agosto de 2014, e que estaban dando boa conta dos xuveniles de lagartixa (Podarcis sp) que estes días acaban de nacer, un curioso comportamento, xa que eu coidaba que eran exclusivamente insectívoros, vese que son máis oportunistas do que eu pensaba.





















sábado, 30 de agosto de 2014

Arieiro grande no encoro de Cachamuiña.

O arieiro grande (ou píllara) (Charadrius hiaticula) é unha ave limícola que parece en pequeno número durante os pasos migratorios, principalmente durante o paso postnupcial, que é o que nestes días está tendo lugar, e no que as aves migradoras se despazan entre os seus lugares de cría no Norte e os seus cuarteis de invernada máis ao Sur.

Durante estes longos desprazamentos, de cando en vez, hai que repor forzas, parando nalgún lugar para alimentarse, e así poder continuar a viaxe.

O arieiro grande das imaxes, fotografado o pasado día 23 de agosto de 2014, decidiu que o lugar apropiado para repor forzas era o encoro de Cachamuiña, situado no concello de Pereiro de Aguiar, e do que, a veces, se abastece de auga potable a cidade de Ourense.

Parte deste encoro posúe unha área lamacenta, que é apropiada para a observación de aves limícolas durante os pasos migratorios, sempre en números moi reducidos.












viernes, 29 de agosto de 2014

Serpe de escada, unha pequena beleza.

Son moitas as persoas que sinten repulsión de cara aos ofidios, sen embargo a gran maioría das especies do país son totalmente inofensivas para o ser humano, e ao mesmo tempo, son de gran utilidade para o agro en xeral, debido ao gran número de roedores que consumen.

Unha das nosas especies de ofidio máis fermosas é a serpe de escada (Rhimechis scalaris), que debe o seu nome á librea cromática que presentan os exemplares novos da especie, que se asemella a unha escaleira de man, coa chegada da idade adulta, esta librea transformarase en duas liñas paralelas e lonxitudinais ao longo do corpo.

Nas imaxes veredes un xuvenil desta especie coa librea característica que vos comento, atopado o pasado día 10 de abril de 2014 nas cercanías do río Barbantiño en Punxín.