COLEGAS

miércoles, 20 de abril de 2016

IV Xornadas Herpetolóxicas Ourensás.

Un ano máis, e xa van catro, a Aula da Natureza do río Miño e un servidor convidámosvos ás Xornadas Herpetolóxicas Ourensás. Este ano organizaremos dúas xornadas que terán lugar o sábado 23 de abril e o sábado 21 de maio en horario de 10:00 a 14:00h tendo como punto de encontro a Aula. Tendes toda a info para apuntarvos no anterior enlazamento.



A primeira xornada versará sobre os réptiles e anfibios termófilos da bisbarra de Ourense, e visitaremos aqueles puntos de maior influenza mediterránea para observar aos réptiles máis característicos do dominio mediterráneo galego como a ladra (Tarentola mauritanica), a lagartixa cinsenta occidental (Psammodromus occidentalis), escáncer ibérico (Chalcides bedriagai) así como os anfibios característicos deste tipos e hábitat como o sapo corriqueiro (Alytes obstetricans) ou o sapo corriqueiro (Epidalea calamita), dependentes para a reproducción das masas de auga temporais características deste tipo de ambientes, facendo fincapé nas necesidades de conservación deste tipo de hábitats característicos das depresións fluviais ourensán e que son causa directa da súa riqueza herpetolóxica.



Un ano máis queremos por de manifesto a riqueza da bisbarra ourensá e testas o estado de conservación dos nosos herpetos como un dos máis efectivos bioindicadores para detertar os problemas medioambientais dos ecosistemás máis cercanos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario