COLEGAS

jueves, 21 de enero de 2010

Comeza o programa de ecovixías de Amigos da Terra en Ourense.





O día 2 de febreiro festéxase o día Internacional dos humidais, declarado como tal pola Convención de Ramsar ou Convención Internacional para a Conservación dos Humidais, chamada así por sela ciudade onde foi asinada en 1971, en Irán. Entrou en vigor en 1975 e actualmente conta con máis de 100 países que comparten a súa preocupación e o seu interse neste tema.

Con motivo do día Internacional das zonas húmidas, dende Amigos da Terra imos organizar para o sábado día 6 de febreiro unha saída de ecovixías na que visitaremos as zonas das areeiras da Limia, os observatorios de aves e as zonas das Veigas da Limia, na bisbarra da Limia

Sairemos dende Ourense ás 10:00 horas dende a explanada da comisaría de Policia de Ourense
para organizarnos nos coches e poder chegar a Xinzo de Limia ás 11:00 horas, regresando cara Ourense pola tarde sobre ás 19:00 horas.

Precisariades levar comida- picnic, auga, roupa de abrigo e tamén é recomendable levar prismáticos , cámara de fotos e caderno de campo.

Pódedes apuntarvos ata o venres día 5 de febreiro ás 14:00 horas, escribindo un email a voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou chamando por telefono a 988374318.


jueves, 14 de enero de 2010

Un buxato nun cruceiro.






Parece ser que o patrimonio monumental Galega ten algunha aplicación pouco coñecida, ben é sabido o costume que teñen os buxatos (Buteo buteo) de usar pousadoiros, en ocasións bastante notorios.

Durante o día 10 de xaneiro de 2010, Anxos Romeu, Martiño Cabana e máis eu, puidemos comprovar como un exemplar desta especie utilizaba como pousadoiro un cruceiro sito nas Veigas de Ponteliñares, en Rairiz de Veiga, durante a observación este exemplar foi expulsado por outro exemplar da mesma especie que pasou a ocupar o seu lugar.

Este cruceiro ten tras de sí a triste historia de marcar un dos puntos de fusilamento utilizados nesta parte da bisbarra da Limia, durante a Guerra Civil e a Posguerra, aledémonos que esta sexa a única violencia que volte a ver este cruceiro...

Verquidos sólidos na Veiga de O Toxal.



Durante a visita de Anxos Romeu e Martiño Cabana á Limia durante o día 10 de xaneiro de 2010, por desgracia non foi aves o único que detectamos, xa que puidemos comprovar de primeira man como As Veigas do Toxal en Porqueira, sofren todo tipo de verquidos, nas imaxes podedes ver parte do mobiliario detectado, pero tamén hai verquidos de abono ou pintura, estes verquidos chegan a colmatar algunhas das charcas que visitamos, usadas durante a época reproductora por diferentes especies de anfibios e aves ameazadas, esta zona está incluida dentro da recentemente declarada como zona ZEPA da Limia, e urxen medidas que controlen estes feitos.

lunes, 11 de enero de 2010

Raposo conxelado en Vilar de Barrio.



Este exemplar de raposo (Vulpes vulpes) foi atopado morto e conxelado nunha charca en terreos do concello limiao de Vilar de Barrio, o pasado día 9 de xaneiro de 2010, na compaña de Anxos Romeu e Martiño Cabana.

domingo, 10 de enero de 2010

Esmerillón nas Veigas de Ponteliñares.







Esta femia de esmerillón (Falco columbarius) foi localizada nas Veigas de Ponteliñares, no concello limiao de Rairiz de Veiga o pasado día 9 de xaneiro de 2010, na compaña de Anxos Romeu e Martiño Cabana.

O esmerillón é un pequeno falcón invernante escaso, aínda que regular, na provincia de Ourense.

Gatafornela loitando cos corvos na Veiga do Toxal.



















Este exemplar de gatafornela (Circus cyaneus), unha femis, foi localizado o día 9 de xaneiro de 2010 na Veiga do Toxal, no concello limiao de Porqueira, na compaña de Anxos Romeu e Martiño Cabana.

Durante a observación fomos testemuñas do duro ataque protagonizado por uns corvos (Corvus corone), aínda que foi finalmente un exemplar o que exerceu máis contundentemente o ataque para repelir á gatafornela.

Nunha das imaxes apréciase ademáis un exemplar de peneireiro común (Falco tinnunculus) que ao parecer tiña temén ganas de troula.

Bubela na Veiga do Toxal.




Na compaña de Martiño Cabana e Anxos Romeu foi localizada esta bubela (Upupa epops) na Veiga do Toxal, no concello Limiao de Porqueira.

A bubela é unha especie estival, sen embargo, ao igual que as cegoñas brancas, é unha das primeiras especies en voltar da migración, así a pesar de que a cita se produce o 9 de xaneiro de 2010, é difícil aventurar si se trata dun exemplar que non migrou, ou pola contra se trata dun indivíduo que voltou cedo.

Peneireiro cincento en Porqueira.





O pasado día 9 de xaneiro de 2010, na compaña de Martiño Cabana e Anxos Romeu, foi localizado un exemplar de peneireiro cincento (Elanus caeruleus), na Veiga de O Toxal, no concello limiao de Porqueira.

A pesar da escasa calidade das imaxes son testemuña da observación desta especie na Zepa da Limia.

O peneireiro cincento é aínda unha especie escasa na provincia, e a maior parte das observacións, sobre todo na tempada de cría, prodúcense na bisbarra de Monterrei, A Limia acolle tamén certo número de observacións que atinxen normalmente a exemplares solitarios detectados fora da época de cría.

viernes, 8 de enero de 2010

Destrucción dunha colonia de Anduriña das Barreiras nas areeiras da Limia.



A través deste blog non nos cansaremos de denunciar o tropel de atentados ecolóxicos que sufren as nosas especies de vertebrados, un dos últimos detectadas foi a destrución dunha colonia de anduriña das barreiras (Riparia riparia) nas areeiras da Limia, que se atopaba situada no talude que aparece nas imaxes, esta colonia, que contaba cuns 30 niños, foi desterrada para tapar unha barreira xa ranaturalizada e que está a carón dunhas instalacións ecuestres, e eu me pregunto ¿abonda unha ZEPA? para protexer a riqueza natural da Limia? ou¿ transformarase nun mero trámite burocrático no que na práctica todo sigue igual.?

Soio queda a esperanza de que as tenaces anduriñas das barreiras volten a furar no escaso talude que lles deixaron.

jueves, 7 de enero de 2010

Mergullón pequeno en Ourense.



Exemplar de mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) localizado no río Miño ao seu paso por Ourense o día 6 de xaneiro de 2010.

Parrulos cristados en Ourense.











Un pouco polo mesmo caso que na especie anterior, ahí tendes unhas mellores imaxes que as publicadas con anterioridade do parrulo cristado (Aythya fuligula), nelas podedes apreciar tanto exemplares inmaturos, coma machos e femias.

As imaxes foron obtidas o día 6 de xaneiro de 2010 no río Miño ao seu paso por Ourense, día no que foron censados un total de 44 exemplares.