COLEGAS

martes, 7 de julio de 2015

Lagartixa dos penedos na Veiga.

Durante os derradeiros anos, a posición taxonómica da lagartixa dos penedos foi obxeto de unha profunda revisión que, segñunparece, está lonxe aínda de rematar. A lo menos, de momento, parece que as lagartixas dos penedos habitantes do cadrante noroccidental ibérico van a ser denominadas como Podacis guadarramae, sendo a subespecie que ocupa a nosa provincia "lusitanica". Así a partires de agora as lagartixas dos penedos ourensás serán Podarcis guadarramae lusitanica. 

Moitas veces temos mostrado exemplares desta especie, o réptil máis frecuente da provincia, a través das páxinas deste blogue. Sen embargo seguramente en pouco tempo estaremos a falar dunha nova revisión da especie, xa que parecen existir diferencias considerables nas poboacións desta especie que merecen a atención dos nosos científicos. 

Polo momento déixovos unha pequena mostra das lagartixas dos penedos habitantes da ribeira do encoro de Prada (A Veiga), fotografadas na compaña de David (do Pereiro), o pasado día 23 de xuño de 2015.










domingo, 5 de julio de 2015

Cobra lagarteira europea en A Veiga.

A cobra lagarteira europea (Coronella austriaca) é un ofidio frecuente na montaña ourensá, pero habitualmente está ausente das áreas baixas con maior influenza mediterránea e menos réxime pluviometrico.

A través das páxinas deste blog temos mostrado a especie en numerosas ocasións, desta volta traemos un exemplar atopado en terreos do concello de A Veiga.

As cobras lagarteiras (Coronella sp), deben o seu nome á súa alimentación, composta fundamentalmente por vertebrados de sangue fría, que debido ao seu hábitat, habitualmente en zonas rochosas, soe estar composta por lagartixas e lagartos. 

Aínda a dia de hoxe a cobra lagarteira soe confundirse erróneamente coas víboras, razón pola que en multitude de lugares son eliminadas sistemáticamente xunto con outras especies de oficios. As cobras lagarteiras son totalmente inofensivas e carecen de velelo.













miércoles, 1 de julio de 2015

Rá dos regos na Veiga.

A rá dos regos (Rana iberica) en un anfibio anuro que pasa por ser un dos anfibios máis frecuentes da nosa provincia. Onde ademáis desta especie contamos coa rá das veigas ou bermella (Rana temporaria), moito máis escasa e relegada a brañas situadas a grandes alturas nas serras orientaíns, existindo asemade un núcleo prolongación das poboacións asemtadas na confluencia das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

A diferencia entre ambas non é doada, pero habitualmente acudimos ao cromatismo da queixada, moi contrastado no caso de "iberica" e monocromático no caso de "temporaria". Nembargantes existen en ocasión indivíduos que non cumpren as características que aparecen nas guías de identificación. Como é o caso do indivíduo que nos ocupa.

Esrte indivíduo en cuestión posúe moi pouco cromatismo, trátase dun exemplar pequeno, xuvenil seguramente, de "rana iberica", tamén chamada patilonga, que foi atopado an augas do encoro de Prada (A Veiga) o pasado día 23 de xuño de 2015 na compaña de David (do Pereiro). A presneza deste tipo de indivíduos con este tipo de características en zonas próximas á distribución de "Rana temporaria", presente por exemplo en Trevinca, pode dar lugar a erros de identificación. Exemplares con características similares teñen sido vistos en toda a área de distribución de "Rana iberica". Persoalmente teño atopado moitos na Depresión Ourensá.