COLEGAS

viernes, 13 de agosto de 2010

O visón americano: Unha especie urbana en Ourense.













Poucos saben da existencia do visón americano (Neovison vison) nos treitos máis urbáns dos ríos do concello de Ourense, entre eles o Barbaña, quizáis o máis urbanita dos cauces aurienses.

Allea aos viandantes facendo deporte nos paseos que rodean este calanizado e contaminado río, allea asemade á algaravía dos cativos que xogan nos parques cercanos, atopei esta femia absorta na tarefa de construilo seu cuvil, allea tamén ao grave problema que a súa mera presencia supón para o equilibrio ecolóxico dos lugares nos que habita.

Onte, día 12 de agosto de 2010, despois dunha hora de paciente espera, esta "visona" tivo a ben mostrarme un pequeno pedazo da súa vida, topeina construindo a súa toqueira, quizáis apurada polo inminente alumbramento dunha nova xeración ourensá desta especie invasora orixinaria do continente americano. De tanto e tanto o animal descansaba, para beber, a falta de cervexa, un grolo no cauce do río, que pola cor ben se podía confundir coa resfrescante bebida.

lunes, 9 de agosto de 2010

Roteiro interpretativo co Campamento Urbano de Ourense.








O pasado día 5 de agosto de 2010 tivo lugar o día da Natureza dentro das actividades de lecer plantexadas no Campamento Urbano de Ourense, organizado pola Asociación Xuvenil Amencer, e que cumple neste ano o seu 23 aniversario.

Os rapaces de entre 11 e 15 anos participantes neste campamento, uns 400 en total, realizaron un roteiro interpretativo a través das concas dos ríos Miño e Loña, onde reciviron nocións básicas da flora e fauna do lugar.

Unha vez chegada a hora do xantar os rapaces interpretaron por grupos un anuncio cuia temática versaba sobre a conservación da natureza.

viernes, 6 de agosto de 2010

Xornada de achega á biodiversidade ourensá na Aula da Natureza do río Miño.







O pasado día 3 de agosto de 2010, os rapaces participantes nas actividades de verán da Aula da Natureza do río Miño e parte dos integrantes do 23 Campamento Urbán de Ourense, organizado pola Asociación Xuvenil Amencer, participaron nunha achega á biodiversidade ourensá.

Reciviron nocións de botánica e mostraxe faunística, sendo o principal acontecimento da xornada a aparición de dous exemplares de toupa ibérica (Talpa occidentalis), desgraciadamente sen vida, o achádego permitiu a observación pormenorizada das adaptacións deste mamífero insectívoro á vida subterránea. Asemade tamén puidemos observar numerosos invertebrados durante a xornada, entre outros miriápodos, crustáceos e coleópteros.

Folosa dos xuncos nas Areeiras da Limia.


O pasado día 31 de xullo de 2010, na compaña do colega Xabi Prieto, foron localizados dous exemplares de folosa dos xuncos (Acrocephalus schoenobaenus) nunha das areeiras da Limia, no concello de Sandiás.

A folosa dos xuncos é un paxaro típico das masas de xuncos e carrizos das zonas húmidas europeas, sin embargo esta especie soio se presenta en Ourense durante os pasos migratorios, e sempre en número moi escaso. Debido aos seus hábitos, é de dificil localización, feito que non permitiu ata o momento obter unha imaxe mellor da especie que a que aquí se presenta.

miércoles, 4 de agosto de 2010

Xornada de Rastros e Sinais na Aula da Natureza do río Miño.










O pasado día 30 de xullo de 2010 tivo lugar unha xornada de rastros e sinais enmarcada dentro das actividades de verán da Aula da Natureza do río Miño.

Antes da saída ao campo regamo-lo horto ecolóxico que como todos os anos se situou na parte dianteira do edificio que alberga a aula, despois acudimos a un pequeno reducto de fraga termófila situada nas inmediacións de Oira.

Unha vez alí os rapaces atoparon plumas de corvo viaraz (Corvus corone), as típicas acumulacións de terra das toupas (Talpa occidentalis), e diversas piñas roidas polos esquios (Sciurus vulgaris), moi abondosos na zona.

lunes, 2 de agosto de 2010

Ouriolo en Riós.


O ouriolo (Oriolus oriolus) é unha ave paseriforme moi popular en Ourense. Froito dese coñecimento que os ourensáns teñen desta ave son os numerosos vernáculos que posúe na nosa provincia, como vichelocrego ou papafigos, nomes que descriven o canto e costumes do paxaro.

O exemplar que vedes na imaxe foi localizado perto do pobo de Castrelo de Abaixo, no concello de Riós, nunha xornada de "bicheo" cos compañeiros Xosé Ramón Reigada, Rafa Vázquez e Vero, o pasado día 25 de xullo de 2010.

O ouriolo segue a mostar importantes poboacións na nosa provincia, estando presente na maioría das bisbarras ourensás, feito que contrasta ca situación que a especie parece estar atravesando noutros puntos de Galicia, onde se veñen detectanto fortes regresións poboacionais e mesmo extincións locais.