COLEGAS

viernes, 13 de agosto de 2010

O visón americano: Unha especie urbana en Ourense.













Poucos saben da existencia do visón americano (Neovison vison) nos treitos máis urbáns dos ríos do concello de Ourense, entre eles o Barbaña, quizáis o máis urbanita dos cauces aurienses.

Allea aos viandantes facendo deporte nos paseos que rodean este calanizado e contaminado río, allea asemade á algaravía dos cativos que xogan nos parques cercanos, atopei esta femia absorta na tarefa de construilo seu cuvil, allea tamén ao grave problema que a súa mera presencia supón para o equilibrio ecolóxico dos lugares nos que habita.

Onte, día 12 de agosto de 2010, despois dunha hora de paciente espera, esta "visona" tivo a ben mostrarme un pequeno pedazo da súa vida, topeina construindo a súa toqueira, quizáis apurada polo inminente alumbramento dunha nova xeración ourensá desta especie invasora orixinaria do continente americano. De tanto e tanto o animal descansaba, para beber, a falta de cervexa, un grolo no cauce do río, que pola cor ben se podía confundir coa resfrescante bebida.

3 comentarios:

  1. Xa veras como dentro de pouco sae algunha nova dicindo que as "lontras" poden vivir no casco urban de Ourense..

    ResponderEliminar
  2. Pois si señor, por desgracia vamos afacéndonos a presenza destes e outros animais foráneos no noso entorno, tanto que xa os consideramos como animais propios da zona, pero que podemos esperar, cando nin tan siquiera as administracións públicas fan nada por arranxar o problema que representa para a nosa fauna autóctona un animal tan voraz e adaptable coma iste.

    Paexga
    (Protectora de Animales Exóticos de Galicia)

    ResponderEliminar