COLEGAS

lunes, 25 de abril de 2016

Fauna e Flora Salvaxe de Galicia, un novo grupo no facebook.

Acabamos de crear un novo grupo no facebook chamado Fauna e Flora de Galicia, tendes o enlazamento picando no nome do grupo. Este grupo pescuda ser un punto de encontro para a promoción da fauna e flora de Galicia, iniciativas conservacionistas, pero tamén un lugar de promoción para iniciativas públicas ou privadas que pescuden un desenvolvimento sostible da nosa terra. 
Asemade queremos que sea un grupo aberto ao debate e á denuncia dos maltratos ecolóxicos que constante mente sofre a terra galega. 
 
 
Animámosvos a participar e partillar para entre todos facer ver que Galicia pode resurxir das súas cinzas sen hipotecar o seu futuro e o seu patrimonio natural. Asemade sei que entre todos seremos capaces de mostrar tódalas maravillas que a nosa terra agocha.
 


 

miércoles, 20 de abril de 2016

IV Xornadas Herpetolóxicas Ourensás.

Un ano máis, e xa van catro, a Aula da Natureza do río Miño e un servidor convidámosvos ás Xornadas Herpetolóxicas Ourensás. Este ano organizaremos dúas xornadas que terán lugar o sábado 23 de abril e o sábado 21 de maio en horario de 10:00 a 14:00h tendo como punto de encontro a Aula. Tendes toda a info para apuntarvos no anterior enlazamento.



A primeira xornada versará sobre os réptiles e anfibios termófilos da bisbarra de Ourense, e visitaremos aqueles puntos de maior influenza mediterránea para observar aos réptiles máis característicos do dominio mediterráneo galego como a ladra (Tarentola mauritanica), a lagartixa cinsenta occidental (Psammodromus occidentalis), escáncer ibérico (Chalcides bedriagai) así como os anfibios característicos deste tipos e hábitat como o sapo corriqueiro (Alytes obstetricans) ou o sapo corriqueiro (Epidalea calamita), dependentes para a reproducción das masas de auga temporais características deste tipo de ambientes, facendo fincapé nas necesidades de conservación deste tipo de hábitats característicos das depresións fluviais ourensán e que son causa directa da súa riqueza herpetolóxica.



Un ano máis queremos por de manifesto a riqueza da bisbarra ourensá e testas o estado de conservación dos nosos herpetos como un dos máis efectivos bioindicadores para detertar os problemas medioambientais dos ecosistemás máis cercanos.


viernes, 25 de marzo de 2016

Rewilding Galicia

Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,(...) estrofa do poema "Em pé" de Ramón Cabanillas (1876-1959)-Poeta galego.

Nos derradeiros anos naceron en diversas partes do mundo, sobretodo no continente europeo, unha sería de iniciativas conservacionistas que acuñaron o termo anglosaxón "Rewildind", literalmente "reasalvaxamento" ou "renaturalización". 



Os proxectos de Rewilding pescudan a restauración dos hábitats e a natureza do continente mediante a creacións de grandes reservas naturais nas que se restitúan tódalas especies que están extintas pola acción directa ou indireca do home, un exemplo o tendes no Parque Nacional estadounidense de Yellowstone. 



Principalmente soen atinxir aos grandes mamíferos, o grupo de vertebrados máis afectado pola acción das actividades humanas, pero en outras ocasións téñense tamén en conta outras especies de vertebrados. 

Dependendo do momento de partida para recoñece-la presenza humana como perxudicial para a natureza, temos diferentes tipos de Rewilding, que van do extremo ao moderado.

Recentemente naceu unha iniciativa interesante no facebook, denominada "Rewilding galicia", que pescuda ser unha fonte de coñecimento e inspiracións para abordar a árdua tarefa de restaurar o meio ambiente galaico a un punto óptimo de conservación. Atinxindo sempre as pescudas da fauna ao período histórico, esta páxina nace co firme propósito de trasformar Galicia e tornala aos orixes naturais, que non están tan lonxe, e facer así da nosa terra o verdadeiro e único paraíso natural, que non debeu de deixar de ser xamáis.




Tendes toda a info neste enlazamento: REWILDING GALICIA.

viernes, 18 de marzo de 2016

Presentazón do Libro "Los vencejos sueñan despiertos"

O día 29 de marzo presentarase na aula da natureza do río Miño de Ourense, ás 20:00 o libro de David Álvarez "Los vencejos sueñan despiertos". David Álvarez é un biólogo e naturalista asturiano, autor do laureado blogue Naturaleza Cantábrica.

Ao día seguinte terá lugar a presentazón da mesma obra en Vigo, en O Lar do Queixa, tetería alternativa situada en Heraclio Botana nº 6, ás 20:30 h.