COLEGAS

viernes, 3 de diciembre de 2010

A Cabra Montés Lusitana: Crónica dunha extinción


"A veces penso que a proba máis fehaciente de que existe vida intelixente no universo é que ninguén teña tentado contactar con nós"-Bill Watterson (1958-) Caricaturista estadounidense.

Aínda que a día de hoxe hai cabras monteses nos montes ourensán, estas proveñen de varios proxectos de reintroducción que teñen como protagonista á Capra pyrenaica victoriae, orixinaria da Sistema Central. Sen embargo, nesta, ocasión imos centrarnos na subespecie de cabra montés endémica do Noroeste ibérico, coñecida polos científicos como Capra pyrenaica lusitanica, e hoxe en día extinta. Neste post centrarémos nos datos históricos de presenza da especie non só en Ourense, senón en toda a área de distribución da especie, deixaremos para a seguinte entrada os nomes vernáculos para a especie na mesma área.

A área de distribución orixinal da subespecie comprendía a cordilleira cantábrica (Asturias, o Occidente de Cantabria), o Macizo Galaico-Leonés (serras de Ancares e Caurel, Trevinca, La Cabrera) e as serras fronteirizas entre Ourense e Portugal, onde se manterían as últimas poboacións da subespecie, aínda que existen referencias da presencia da especie en localidades situadas máis ao sur da Serra do Gêres.

No contexto xeográfico ourensán a especie habitou ata o s. XVII a Ribeira Sacra, durante o século XIX a especie estaba presente nas Serras Orientais (Trevinca, Enciña da Lastra) e moi probablemente no Macizo Central ourensán.

En Asturias a especie parece que se extinguiu en torno ao ano 1858, data que debe coincidir a grosso modo ca desaparición na provincia de Lugo xa que Seoane en 1866 xa a da como moi rara na serra do Caurel.

As derradeiras poboacións da especie mantéñense a finais do século XIX na Serra do Xurés/Gêres, en 1886 xa só quedaba un rabaño, tres anos despois, en 1889, capturouse unha femia que morrería tres días despois, en 1890 atopáronse en terreo galego da serra do Xurés duas femias mortas a causa dunha abalancha de neve, e nese mesmo ano morre tamén a última femia da especie en España, o último exemplar da cabra montés lusitana coñecido era tamén unha femia, vella, que morreu na serra portuguesa do Gêres en 1892, os últimos avistamentos coñecidos da especie son dese ano en Lomba do Pau e do mes de xullo en Borrageiro, que será a data oficial de extinción, sen embargo é probable que sobrevivise ata principios do século XX nas serras lindantes de Ourense a Zamora.

A coincidencia de que os derradeiros exemplares da especie foran femias en tódolos casos fai pensar que a principal causa da extinción da subespecie fora a caza, debido a alta cotización das cornamentas dos machos.

Diccionarios de autores clásicos consultados apuntan o feito de que se capturaban exemplares no medio natural, que eran posteriormente mantidos en catividade, principalmente femias que eran apreciadas pola alta calidade do leite que producián, dato a ter en conta para dar ca causa da extinción definitiva da especie.

A día de hoxe o único que nos queda da cabra montés lusitana é un exemplar disecado en Francia e tres cornamentas conservadas en Portugal, e a ilustración do libro de Cabrera que acompaña esta entrada.

5 comentarios:

  1. excelente entrada amigo Alberto!!
    Hai tamen cabras montesas en Os Ancares, feito que descoñecía ata ben pouco. Supoño que tamen repoboacións doutras subespecies.
    Unha aperta!
    Agardo unha sobre o oso!

    ResponderEliminar
  2. Oh,your blog is very nice .I really like it ^^!

    *♥•♥#♠♥#♥•♥* '
    *♥♫♥♥♫♥♥♫♥♫* '
    *♥♥☺♥♫♥♫♥☺♥♥*'
    *♥♥♣♫♥♣♥♥♣♥♫♣♥♥*'
    '*♥♥♣♥♫♥♥♫♥♥♫ ♥♣♥♥*'
    Happy and Happy every single day like a Christmas!


    \’\:’\’\:::/’::/’/’ ..........
    ....’\’\::’\:/’:/’/’..___,•’`¯`’•,
    .......’\’\’\|/’/’/’....../..........._/
    .......’\’\|/’/’,.~~/=====_/
    .........[||||].....(_________)
    ..............||.....,•’`.._....._....`’•,
    ...............||.../...... (^)(^)` ........\
    ................||..|............ .............I
    ................||...\.......\____/........./
    ..............||.....’•,_............._,•’
    ..........,||..,~•¯¯\\\\(@)//__
    .....

    ----------------------------------
    Welcome to my websites : In there where have a lot of wallpapers, themes for desktop , for mobile and themes for media . Especialy all free ^^!
    http://9wallpapers.blogspot.com
    http://theme4desktop.blogspot.com
    http://theme4cellphone.blogspot.com
    http://theme4media.blogspot.com
    http://wallpaper4cellphone.blogspot.com

    ResponderEliminar
  3. Ola a tod@s, grazas polos cumplimentos.

    As cabras montesas dos Ancares proveñen de Riaño (León) éstas foron introducidas con exemplares de Gredos (sub. victoriae), o mesmo que o resto de poboacións introducidas no NO ibérico, na ectualidade en Galicia a especie está presente na serra do Faro (Chantada-Lugo), en Ancares (Lugo), na serra do Xurés (Ourense), e nos montes do Invernadeiro (Ourense), estas últimas en réxime de semiliberdade, a maioría destas poboacións están sometidas a unha fortísima presión cinexética, ilegal,xa que, polo, momento a especie non é cazable en Galicia.

    ResponderEliminar
  4. Por certo Rubén, ademáis do oso, falta a pita do monte e o quebraóso, pero pouco a pouco, que unha vez máis esto parecen as necrolóxicas!

    Así que nas próximas entradas falarei de xornadas de bicheo ocorridas nestes días da Ponte, non o perdas por que hai chicha!

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. O gran problema que tera no futuro estas cabras montesas introducidas en Galicia e que todas elas proveñen de un rabaño de tan so 14 exemplares. Non nos deron mais cando escomenzamos o programa ( A epizootia de Sarna que se desenvolveu na serra de gredos fixo que non se puideran traer mais animais co medo de introducir tamen a enfermidade) . Este escaso numero provoca unha elevada consanguinidade da poboacion actual e veranse no futuro as consecuencias da mesma. Pero eu estimo que podera ser un condicionante para o seu desenvolvemento como especie introducida de novo. A introduccion de novos exemplares procedentes de outros orixes deberia terse en conta se se quere que a poboacion actual perviva. Noraboa polo artigo.

    ResponderEliminar