COLEGAS

viernes, 4 de febrero de 2011

O xuxa: O lince e as meigas. Esperta do teu sono fogar de Breogán!


"O desexo vence ao medo, atropela inconvintes e chaira as dificultades"- Mateo Alemán (1584-1616)- Dramaturgo español.

En ocasións un home debe enfortarse cara a cara co misterio, cas lendas, cos temores, e coa árbore do coñecimento. Sei que moitísimos de vós flipastes un pouco cando saquei á luz o misterio do queixa, que a día de hoxe segue a ser a entrada mais lida, e con moitísima diferencia, nesta obra que un día me propuxen sacar adiante.

Xa vos dixen noutra ocasión, cando o ano 2010 tocaba ao seu fin, que este blog daba un xiro, parte dese xiro é unha aposta persoal, de espertar do seu sono ao fogar de Breogán, que é tamén o voso fogar e o meu propio.

Nese sono durmen unha chea de seres, agardando prestos ser espertados por un alma curiosa que se atreva a furgar no maxñin do pobo galego.

Un maxín cheo de matices, de seres reais e non tanto. Desta volta preséntovos a un ser lendario, O Xuxa. O xuxa é un depredador limiao, que lle chucha o sangue aos animais, ás ovellas principalmente, deixando como sinal do seu paso, a marca de dous colmillos no pescozo da vítima. O animal é descrito, por aqueles que acreditan telo visto, como un felino de gran tamaño, con pintas, eso sí non moi marcadas...

Xuxa asimílase na mente limiá a chuchar, ou zugar. Temos entón ante nós a un vampiro de catro patas, que xa Seoane sinalou que na súa época, este animal era temido polo feito de estar extendida a crenza de que o lobo cerval, o queixa, o noso benquerido lince, se alimentaba de sangue animal.

Estamos entón de novo ante un vernáculo galego para Lynx, desta volta eu atrévome a dicir, baixiño eso sí, que estamos perante ao lince boreal, perante ao queixa limiao, e que este fabuloso animal deu o seu nome a un topónimo, Xuxá, certo e belo pobo do concello, tamén limiao de Rairiz de Veiga. (Ollo, como sempre esto só é unha hipótese e acéptanse todo tipo de comentarios e suxerencias).

Esta non é a única lenda do olimpo galego que nos fala da tradición vampírica galaica. Ben coñecidas no agro galego eran as meigas chucheiras, chuchonas ou xuxeiras según a zona. Disque estas meigas entraban ás agachadas nos berces dos cativos para chucharlle-lo sangue, o síntoma no pequeno atacado era unha merma do tamaño, entendendo polo tanto que o raquitismo, que durante séculos atacou aos galegos, era producido por estes personaxes mitolóxicos.

Acabamos de enlazar xa ao lince coas meigas, pero, queridos lectores, non vou deixar o conto aquí, non sin antes dicirvos que a raíña das letras galegas, ROSALÍA DE CASTRO, na súa obra Aires, airiños, aires, dixo un día:

cal si unha meiga chuchona

a miña sangre bebera
Voume quedando muchiña

como unha rosa que inverna


E eu despídome de vós deica á próxima entrada, cun berro alto e claro: ESPERTA DO TEU SONO FOGAR DE BREOGÁN.

4 comentarios:

  1. Xosé Ramón, sinto non terte avisado antes deste post, que xa sei que o tema anterior te tocou a fibra especialmente.

    ResponderEliminar
  2. Certo, que bos sustos nos dás, primeiro o Queixa, agora o Xuxa, limiao...
    Os arcanos revélanse mellor así, devagar
    Aínda fica moita mitoloxía e realidade por descubrir
    Adiante

    ResponderEliminar
  3. Je,je, je, xa sabía eu que che ía gustar meu. Por certo a ecvixía do sábado un éxito!, houbérate gustado.

    Saudos.

    ResponderEliminar
  4. Gràcies per l'article, Alberto. Jo també intento investigar quina veritat i quins origens hi ha darrere les nostres creences (mitologiacatalans.blogspot.com). Veig que del linx, en gallec també en dieu lobo cerval, en català és el llop server.
    Llegir-te també em serveix per practicar el gallec, llegint-te amb calma ho he entès gairebé tot.

    ResponderEliminar