COLEGAS

viernes, 22 de marzo de 2013

Primeiras Xornadas Herpetolóxicas Ourensás: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.



Ourense é a capital de provincia galega con maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, pouco coñecido polos seus habitantes, fan necesario un esforzo por parte de todos para a conservación e a divulgación desta riqueza.

Con tal fin, o Concello de Ourense, a través da Aula da Natureza do río Miño, convídavos a participar en catro xornadas de achega ás poboacións de anfibios e réptiles do concello de Ourense.

Estas xornadas buscan sensibiliza-la poboación ourensá na conservación dos hérpetos (anfibios e réptiles) que moitas veces causan repulsión e medo, totalmente inxustificado. asemade pescudamo-la promoción desta riqueza faunística entre aquelas persoas interesadas no mundo dos anfibios e réptiles habitantes doutros puntos do país.

Como xa mecionamos as xornadas serán catro, unha cada duas semanas, entre os meses de abril e maio de 2013, con temática variada e unha duración aproximada de catro horas, se queredes podedes asistir a todas, ou somentes a aqulas na que estexades interesados.

Xornada 1: 

Sábado 13 de abril de 2013 de 10 a 14 horas.

Punto de encontro: Aula da natureza do río Miño (Oira).

Temática:"Ourense: capital herpetolóxica".
               Presentación de actividade.
               Fundamentos de herpetoloxía.
               Características básicas dos anfibios e réptiles.
               Os hérpetos como bioindicadores.

Saída práctica: Hérpetos do medio acuático e forestal ourensán.
                       Visitaremos as cuncas dos río Miño e Loña, así como diversas lagoas artificiais urbanas.
                       Especies invasoras e o seu impacto no medio ambiente.
                       Especies extintas hérpetos en Ourense.

Xornada 2:

Sábado 27 de abril de 2013 de 10 a 14 horas.

Punto de Encontro: Aula da Natureza do río Miño (Oira).

Temática: "Oasis ubanos", a importancia dos solares sin urbanizar e a xardinería para os hérpetos.
                 Impactos urbanos negativos para os anfibios e réptiles: Atropelos e destrucción de hábitats.
                 Traslocación de hérpetos.

Saída práctica: Hérpetos urbanos: Visitaremos solares e xardíns dos barrios de Oira e O Vinteún á procura das especies características do medio máis urbanizado da cidade de Ourense.
                          A importacia dos anfibios e reptiles no equilibrio ecolóxico das cidades.

Xornada 3:

Sábado 11 de maio de 2013 de 10 a 14 horas.

Punto de Encontro: Aula da do río Miño (Oira).

Temática: Hérpetos mediterráneos de Ourense.
               A influencia da climatoloxía nas especies de anfibios e réptiles.
               O impacto dos incendios forestais nas poboacións de anfibios e réptiles.

Saída:  Visitaremos Oira, As Eiroás e Valdorregueiro na procura das especies de hérpetos endémicas da Península Ibérica, e aquelas de maior tendencia mediterránea.

Xornada 4:







Sábado 25 de maio de 2013 de 10 a 14 horas.

Punto de encontro: Parque de Montealegre.

Temática: "Hérpetos de mato e forestais"
                As ameazas para a supervivencia dos anfibios e réptiles en Ourense.
                A importancia das charcas temporais para os anfibios.

Saída: Montes do Cuco, Montealegre, O Perdigón e Monterrei.
          Impacto dos deportes de risco nas poboacións de anfibios e réptiles.
          A impronta dos anfibios e réptiles na cultura popular ourensá.
          Posta en común e fin de actividade.

A actividade é totalmente gratutita, para acudir é preciso anotarse con anterioridade chamando ao teléfono 988-51-07-81.

As xornadas están dirixidas a todo tipo de público, rapaces ou adultos, expertos ou totalmente profanos na temática das mesmas. 






 









martes, 19 de marzo de 2013

O sapoconcho común especie herpetolóxica do ano.

A "Sociedad Herpetológica Española" ven de declara-lo sapoconcho común (Emys orbicularis) como Especie do Ano para este 2013. Dito galardón é unha estratexia conservacionista, xa mencionada, que pescuda chama-la atención sobre a situación e grado de conservación dunha especie determinada.

No tocante ao sapocoocho europeo ou común, a regresión das súas poboacións no continente europeo ven sendo xeneralizado nas derradeiras décadas. Dita dimunición ven xerada pola alteracións dos seus hábitats, a recolección ilegal no medio natural, a competencia con especies alóctonas, e o seu consumo como alimento de vixilia (feito que ten ido en descenso nos derradeiros anos).

Oficialmente en Galicia, a especie habita nas Gándaras de Budiño (Pontevedra), e nas cuncas dos ríos Arnoia e Avia en Ourense.

Extraoficialmente hai datos de peso que parecen sinalar a súa supervivencia nas cuncas do Sil, Miño, Támega e Limia.

Co gallo de por de manifesto o grave estado de conservación das poboacións do sapoconcho europeo en OUrense, celebraranse unha serie de actividades en diversos puntos da provincia da que vos manteremos puntualmente informados.

domingo, 17 de marzo de 2013

Lagartixa galega no Entrimo.


A lagartixa galega (Podarcis bocagei) é un pequeno réptil endémico do cadrante noroccidental ibérico. Ámplamente distribuido por Galicia, en ourense pode chegar a ser localmente común nas bisbarras de maior precipitación hídrica, e realmente escasa naquelas de maior imfluenza mediterránea, onde é sustituida pola lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica).





Nas imaxes aparecen varios exemplares fotografados a carón da igrexa de Santa María de Entrimo o pasado día 2 de marzo de 2013, na bisbarra da Baixa Limia.

martes, 12 de marzo de 2013

O can de Castro Laboreiro.

O can de Castro Laboreiro é unha raza canina outóctona propia do pobo de Castro Laboreiro, situado no portugués Parque Nacional da Peneda Gêres. 

E diredes vós, non sin razón, e logo porqué mete "este" unha raza portuguesa aquí, moi fácil, porque aínda que o can de Castro Laboreiro é propio do pobo homónimo, podédelo atopar tamén en puntos da parte galega da Serra do Xuré, do Quinxo e Laboreiro.

O can de Castro Laboreiro é, xunto co da Serra da Estrela, tamén en Portugal, unha das razas caninas máis antigas da Península ibérica, e presúmese unha antigüidade de varios milenios, tres polo menos, o cal nos traslada a un can que vixíaba os primeiros gandos domésticos dos habitantes dos castros propiamente ditos.

Trátase dun can de gran tamaño, dócil co amo e excelente gardián, o que se traduciu nunha eficaz arma para os habitantes da serra á hora de defender os seus rabaños perante aos depredadores, orixinalmente ursos (Ursus arctos), lobos asnais (Canis lupus) e lobos cervais (Lynx sp).

O aillamento da zona xeográfica con presencia desta raza fixo que non sufrise grandes cambios ao longo dos milenios, e que posúa unha escasa variabilidade xenética. Na actualidade preséntanse tres tons de cor, o negro, o pardo e o can do monte (atigrado! moi bonita referencia cromática).

Trátase dunha raza en perigo de extinción e protexida no país veciño, no ano 2003 quedaban apenas 96 exemplares puros. Por sorte surxiron nos derradeiros anos iniciativas para a promoción da raza e a súa cría que aumentaron exponancialmente os exemplares e a distribución da raza.

Na actualidade o canil de Castro Laboreiro exporta exemplares a USA, Canadá, Angola e España a un prezo de 450 euros o exemplar.














Na nosa provincia existen exemplares en diversos puntos, pero especialmente no concello de Entrimo, onde o can goza dunha xustificada boa sona coma can gardián e pastor. Os exemplares que aquí se amosan foron fotografados o pasado día 2 de marzo de 2013 no pobo portugués de Castro Laboreiro.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Úbalos en Ourense.

Nos derradeiros días véñense producindo importantes concentracións de úbalos (Carduelis spinus) nas ribeiras dos ríos ourensáns, pondo de manifesto a importancia da conservación da vexetación de ribeira para o correcto funcionamento dos nosos ríos.

O úbalo é un pequeno paseriforme amante das sementes dos amieiros, que nos visita en inverno en gran número, para marchar chegada a primavera, cara latitudes máis norteñas.

A contaminación e a máis que incorrecta xestión da vexetación de ribeira por parte das autoridades competentes está facendo do amieiro unha árbore en perigo, axudada asemade por unha sorte de peste fúnxica que os está facendo secar en moitos puntos.









Nestas imaxes unha femia de úbalo da boa conta das sementes dos amieiros do río Barbaña, o máis contaminado da provincia, extraoficialmente claro...