COLEGAS

lunes, 31 de diciembre de 2012

Tratando de voltar.

Fai xa máis dun ano que colguei a derradeira entrada deste blog, e agora, antes de rematar este 2012, vou colgar unha co firme propósito de manter esta fiestra da fauna ourensa coa actividade que se merece.

Ten sido un ano duro este 2012, moi atarefado no que ao traballo se refire, e con moi pouco tempo para adicarllo aos meus queridos bichos. Pero como parece que a miña vida volta a tomar o sendeiro da tranquilidade, dentro do que se pode esperar na miña hostaleira profesion, procurarei retomar, na medida do posible as miñas afeccións aparcanas durante todo este tempo.

Aqueles que me coñecedes ben sabedes que o novo negocio me ten moi absorvido, polo que nestes meses apenas si puiden coller os prismaticos au anotar nada no caderno de campo, pero non hai nada que cen anos dure, quizáis algunha catedral, e teño moitas sorpresas preparadas para vós para o vindeiro ano.

Sen mais non  quería rematar o ano sen desexarvos unha moi boa pasaxe de ano, que que este 2013 que comeza sexa para vos o millor posible. Apertas e moita saude!