COLEGAS

viernes, 30 de octubre de 2009

Lagartixas galegas na Limia














En certos puntos da provincia de Ourense, como a bisbarra da Limia, a lagartixa galega (Podarcis bocagei) é unha das especies máis frecuentes de réptiles, durante os últimos dous meses, setembro e outubro de 2009, este é o arquivo fotografico acumulado desta especie con exemplares orixinarios dos concellos de Vilar de Santos e Sandiás.

Lagartixas dos penedos na bisbarra de Ourense








Non hai dúbida algunha que a especie máis común nas prospeccións herpetolóxicas na comarca de Ourense é a lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), boa proba deste feito é o número de fotografías acumuladas desta especie durante este mes de outubro de 2009, provintes dos concellos de O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Ourense.

Niños de cegoña na provincia de Ourense.










Ao longo deste ano foron fotografiados diferentes niños de cegoñas (Ciconia ciconia) en distintos concellos da provincia, amosando os diferentes sustratos de nidificación que a especie usa dependendo da zona de asentamento.

Se ben a poboación limiá é eminentemente arborícola, usando como alternativa postes ben con niños artificiais, ben sin eles, no val da Rábeda (Concellos de San Cibrao, Paderne ou Allariz) a especie móstrase máis antropófila, usando para o aniñamento estructuras artificiais de manufactura humana, coma chimeneas ou vigas.

Pardao das rochas en Vilar de Santos.





O pasado día 24 de outubro de 2009, foi atopado un pequeno bando de pardaos das rochas (Petronia petronia) no concello de Vilar de Santos. O bando en cuestión estaba pousado nus cables do entramado eléctrico do Parque Empresarial da Santa Marta e constaba de 5 exemplares.

O pardal das rochas é unha especie escasa en Galicia, onde mantén unha distribución periférica, estando asemade presente tamén na costa.

En Ourense a especie habita as bisbarras de a Baixa Limia, Monterrei, que quizáis conte co maior número de efectivos, e Valdeorras.

miércoles, 28 de octubre de 2009

Picafollas musical en Vilar de Santos.






Este ano o paso do picafollas musical (Phylloscopus trochilus) foi especialmente intenso na Limia, o día 12 de setembro foron optidas estas imaxes no pobo de Castelaos, en terreos do concello de Vilar de Santos.

martes, 27 de octubre de 2009

Esquelete de toupa en Vilar de Santos.



Este esquelete de toupa foi atopado o día 10 de agosto de 2009 no pobo limiao de Castelaos, pertencente ao concello de Vilar de Santos.

A especie de toupa presente na provincia de Ourense é a toupa ibérica (Talpa occidentalis) que , como o seu propio nome indica, é endémica da Península Ibérica, na provincia de Ourense é unha especie común e ben distribuida.

Toupa en Vilar de Santos.





Faltaba un post axeitado para esta especie está claro...así que tiramos de arquivo para solucionalo.

Este exemplar de toupa (Talpa occidentalis) foi atopado sen vida preto do pobo de Parada de Outeiro, no concello limiao de Vilar de Santos, o día 24 de febreiro de 2009, nestas imaxes podedes aprecia-la curiosa morfoloxía da especie adaptada á vida soterránea.

Rata negra en Vilar de Santos.






Estas imaxes corresponden a un exemplar de rata negra (Rattus rattus) localizado no pobo de Castelaos, pertencente ao concello limiao de Vilar de Santos o día 23 de febreiro de 2009.

A rata negra chegou en tempos históricos ao continente Europeo provinte do suroeste asiático, ca chegada da rata común (Rattus norvegicus) á Península Ibérica alá polo século XIX a rata negra foi desprazada, quedando relegada a ambientes menos urbanos que a súa coxenérica, aínda que segue estando amplamente distribuida por toda a provincia.

Peneireiro común en Rairiz de Veiga




Macho de peneireiro común (Falco tinnunculus) localizado no Monte de Albán do concello limiao de Rairiz de Veiga, o día 24 de outubro de 2009.