O cobregón (Malpolon monspessulanus) é o maior dos réptiles que podemos atopar na provincia de Ourense, podendo alcanzar, as femias adultas, ata os 2 metros de lonxitude, aínda que habitualmente son máis pequenas. Trátase dun formidable depredador que se atopa na cúspide da pirámide trófica daqueles que se moven a rás de chan.
Na provincia de Ourense é unha especie de serpe relativamente frecuente , atopándose espallada por todas as bisbarras que a compoñen, aínda que evita os biotopos máis frios e húmidos, coma o cumio das serras.
Nestas fotografías podedes apreciar varios exemplares xuveniles nados este ano en diferentes puntos da bisbarra de Monterrei, tamén a muda de exemplares adultos, todos eles localizados o día 4 de outubro de 2009, na compaña de Martiño, Anxos, Rafa e Xosé Ramón.

Véxome na obriga de darlle a noraboa a Anxos por atopar o primeiro cobregón da viaxe. Tenlle pánico ás cobras e vai e busca un mozo herpetólogo. Ponlle moitas ganas e paréceme unha cousa moi de eloxiar. Loitar contra os medos e fobias son cousas dificiles.
ResponderEliminarPero este bicho tamén é moi especial para ela. Este animal foi o primeiro que viu de cobregón, que é a última especie de hérpeto galego que lle quedaba por ver en Galicia. Xa viu todas. En ano e medio que levamos xuntos. A min levoume uns cantos máis.
Hai que destacar a mellor observación súa. Estábamos Nocko, Anxos e máis eu pola Gudiña intentando buscar Vipera latastei, eso especie que vas 20 veces e a ves 1. Para min era a segunda vez que iba a buscar latastei, para Anxos a primeira.
Por rafa e máis eu buscamos afuciñuda insistentemente. Levantando pedras, mirando en buracos, no medio do mato, etc, etc. Ela, con coidado de non pisar ningunha víbora, a tres por hora, sen levantar pedras. Logo dun bo pedazo propoñemos cambiar de zona e cando Nocko e máis eu xa estamos no coche, Anxos berra por nos. E alí estaba, unha fermosa latastei, atopada sen buscala. Isto é sorte e resto son coñas.
Enhoraboa a Anxos por ver xa tódalas especies de hérpetos de Galicia.
Perdón polo rollo xDDD.
De rollo nada unha preciosa declaración que pon en xusta altura a todas esas persoas que poñen moitos graos de area aguantando a nosa tolería polos bechos e que despois non aparecen reflexados en ningún traballo, e sen o seu traballo...que sería de nós?
ResponderEliminarSaudos.