COLEGAS

miércoles, 7 de octubre de 2009

Colonia de anduriña das barreiras en Verín.



Nunha graveira do concello de Verín, utilizada como vertedoiro para toda clase de escombros, electrodomésticos e demáis lixo, e a pesar de este panorama ,a vida faise un hoco . Neste ecosistema tan maltratado e, contra todo pronóstico, unha colonia de anduriña das barreiras (Riparia riparia) faise forte na barreira.

A colonia, atopada o día 4 de outubro de 2009, consta de 58 niños, inactivos xa a estas alturas de tempada, polo que é imposible averiguar se todos estiveron ocupados durante a época de cría, fora da colonia, noutro punto do enclave, foi localizado un niño solitario.

Un punto de biodiversidade no que tamén teñen cabida outras especies, xa que foi visto un exemplar de boitrón (Cisticola juncidis).


No hay comentarios:

Publicar un comentario