Gardafontes é o nome co que as xentes dos concellos limiaos de Rairiz de Veiga, Vilar de Santos e Sandiás coñecen aos anfibios urodelos dos xéneros Lissotriton e Triturus.
Esta imaxe amosa unha femia de gardafontes verde (Triturus marmoratus) , máis ben o pouco que dela queda, morta por atropelo nunha das pistas das areeiras da Limia en Sandiás, e que foi atopada o día 25 de outubro de 2009.
O atropelo sistemático de vertebrados por parte do intenso tráfico pesado deste espacio natural é un feito contrastado por todos aqueles que visitamos asíduamente esta lugar.

O atropelo de animais en Xinzo é increiblemente intenso. Só basta dar unha volta para ver a que velocidade andas os camións das graveiras ou os coches polas pistas.
ResponderEliminarA semana pasada atopamos (Nocko, Alberto Maravillas, Anxos e máis eu) un sapo de esporóns (Pelobates cultripes) atropelado na Limia.
Este ano estivemos nunha das poboacións de Pelobates atopando 8 cágados xigantesco nunha charca estacional con espiñento e Triops cancriformis. Polo medio da charca unha "fermosa" pisada de quad. Ata se meten nos hábitats reproductores¡¡¡ Era o que faltaba.