COLEGAS

lunes, 12 de octubre de 2009

"Se o alacrán picara e o cancer vira, non habería nesta terra quen vivira"


Este é un refrán recollido en Vilar de Santos o día 11 de outubro de 2009, dun home nado no pobo de O Mosqueiro, e ex alcalde do concello, Xosé Antón Jardón Dacal.

Escancer e liscancer é o nome que utilizan os habitantes dos concellos de Vilar de Santos e Rairiz de Veiga, para referirse aos réptiles dos xéneros Chalcides e Anguis, cancer é o diminutivo que usan os labregos para referirse aos mesmos bechos.

Nace así unha nova etiqueta deste blog, "sabidoría popular", na que se incluirán topónimos, nomes vernáculos e refráns que atinxan dunha maneira ou doutra aos vertebrados que habitan na provincia de Ourense, e que serán recollidos tamén dentro da mesma.

Agardo sexa do voso gusto e utilidade.

1 comentario:

  1. Entendo que o dito fai referencia á abundancia de ambas especies e que agradece que non presenten ameazas para o ser humano. Desgraciadamente, agora non son tan presentes. Interesante.
    Saúdos

    ResponderEliminar