COLEGAS

lunes, 26 de octubre de 2009

Rá verde en Rairiz de Veiga



Xa se comeza a notar a acción das primeiras choivas do outono e aumenta a frecuencia de aparición dos anfibios nas mostraxes, despois deste seco vran.

Este exemplar de rá verde (Pelophylax perezi) foi atopado en Rairiz de Veiga (A Limia) o día 24 de outubro de 2009, chamoume a atención dela esta ton verte tan esmeralda, un becho precioso sen dúbida.

2 comentarios:

  1. As ras verdes de Xinzo teñen unha coloración ven rara. Falaba o outro dia con Nocko e comentábamos que se parecen os morfos que se ven máis o sur (Castela, Extremadura, etc). Son moi diferentes ás que se poden ver por Lugo ou A Coruña. Son abundantes os tonos pardos, ás veces sen liña vertebral, e hai algún individuo verdoso cunha liña vertebral verde clara moi ancha que se parece ás ras centroeuropeas. Este tema é moi curioso.

    Por certo, o nome actual de Rana perezi é Pelophylax perezi.

    Unha aperta e moi bo traballo.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas meu!
    Tes toda a razón, na sistemática teño que actualizarme, xa corrixo os post, e o das rás verdes da Limia da para un libro.

    Saudos

    ResponderEliminar