COLEGAS

martes, 6 de octubre de 2009

Escancer cego na bisbarra de Monterrei.















Unha vez máis hai que agradecerlle con especial énfase a Martiño Cabana este post herpetolóxico, a él e a Xose Ramón Reigada, ideólogo do blog Verín Natural, e autóctono da bisbarra, así a fin de semana pasada nolos tres, con Rafa e Anxos, acudimos prestos á procura dos escancer cegos da Bisbarra de Monterrei.

O escancer cego (Blanus cinereus) é un réptil de costumes subterráneas e endémico da Península Ibérica, (dende que as subespecies norteafricanas foron elevadas ao rango de especies), e de querencias climatolóxicas mediterráneas.

En Galicia soio está presente na provincia de Ourense, e dentro desta solo pode atoparse en puntos moi concretos da bisbarra de Monterrei, xa que a especie ten altas exixencias ecolóxicas, entre as que se atopan o sustrato do chan; deben ser chans soltos, ricos en humus, onde lle resulte fácil cavar e topar alimento, o alimento de tan orixinal becho compóñeno todo tipo de invertebrados, termes ou formigas principalmente.

Nestas fotografías do día 4 de outubro de 2009, todas elas feitas dentro da bisbarra de Monterrei, poderedes apreciar varios exemplares, algúns cunha certa pérdida de pigmentación (albinismo parcial), nunha das fotos aparecen dous xuveniles atopados baixo a mesma pedra, e noutra a muda desta especie.

1 comentario:

  1. Moito cariño lle teño a esta especie. Moi bo dia tivemos, 6 adultos e 2 neonatos. Nunca atopara tantos, xa que ó máximo nun día era de 6 adultos. Sen embargo, a maioría dos días é de cero observacións. Bicho moi, moi dificil.

    ResponderEliminar