COLEGAS

domingo, 28 de septiembre de 2014

O rato mouro: un rato diferente.

O rato mouro (Mus spretus) é un parente mediterráneo do máis común rato caseiro (Mus domesticus). En tempos foi considerado un ecotipo deste último, pero análises xenéticos puxeron de manifesto a singularidade deste roedor do Norte de África e Sur da Europa.

Na Galiza o rato mouro aparece escasamente na metade Sur, sendo a nosa provincia na que a especie se atopa mellor representada. Aínda que os seus hábitos discretos, máis campestres que o seu parente, e a súa facil confusión con él, fan que pase fácilmente desapercivido.

Diferénciase do rato caseiro pola tonalidade pardusca do seu pelaxe, que recorda a un rato de campo coas orellas pequenas e o tamaño do rabo en relación co corpo, máis pequeno no caso do rato mouro.

Nas imaxes un exemplar atopado morto, posiblemente depredado por un gato, en terreos do concello Ourensán de Punxín o pasado día 14 de setembro de 2014.





sábado, 27 de septiembre de 2014

MOLLATE POLOS RIOS NA AULA DA NATUREZA








Dentro das actividades de conmemoración do décimo aniversario da apertura da Aula da Natureza do río Miño convidámosvos a unirvos á VII limpeza simultánea que no caso de Ourense terá lugar a partir das 11 da mañá o próximo domingo día 28 de setembro de 2014.

Agardámosvos en Oira e non esquezades as catiuscas para votarlle unha man ao noso pai Miño e aos seus afluentes.

viernes, 26 de septiembre de 2014

Papamoscas negro y gris en Ourense

Unha das aves máis frecuentes do paso postnupcial é sin dúbida o papamoscas negro (Ficedula hypoleuca), que durante os meses de setembro e outubro faise omnipresente na nosa provincia de Ourense. Parece nestes días que non hai un recuncho no que non voe o papamoscas ou o seu parente o papamoscas gris (Muscicapa striata) do que falamos recentemente e que se presenta menos abondoso.

Nas primeiras imaxes un papamoscas negro fotografado no barrio do Vinteún, nas catro últimas e con tupé a lo "Elvis" estriado un papamoscas gris fotografado en Santa Cruz de Arrabaldo nos pasados días.











miércoles, 24 de septiembre de 2014

I Xornadas Herpetolóxicas de Outono na Aula da Natureza do río Miño.

O próximo sábado día 27 de setembro de 2014, e incluídas nas actividades do décimo aniversario da Aula da Natureza do río Miño, organizaránse as primeiras xornadas herpetolóxicas de Outono. Estas xornadas pescudan informar sobre aquelas especies de anfibios e réptiles que teñen a sua época reproductora nesta estación, así como a problemática ás que se enfrontan despois dos diferentes episodios de contaminación e introducción de especies alóctonas no seu hábitat.

Visitaremos o encoro de Cahanamuiña (Pereiro de Aguiar) e o seu entorno, onde atoparemos unha mezcla de hábitats idónea para estudar a un tempo as especies acuáticas e de mato.

Agárdovos o próximo sábado ás dez da mañá na Aula da Naturaza do Río Miño en Oira.




domingo, 21 de septiembre de 2014

Gaivina negra en Ourense.

As gaivinas (ou fumareles en castelán) son unhas aves acuáticas próximas aos carráns (sterna sp.) ou anduriñas mariñas. En Ourense son escasas e preséntanse durante os pasos migratorios, tanto no primaveral ou prenupcial, como no outonal ou postnupcial.

O río Miño actúa en Ourense como unha especie de vía de alta capacidade para as viaxes migratorias de certas especies de aves, que aproveitan as depresións fluviais para os seus desprazamentos.

A gaivina negra (Chlidonias niger) é unha das especies de gaivina que se presenta cunha certa frecuencia en Ourense, onde a maior parte das citas se centran na bisbarra da Limia.

Nas imaxes, malas por certo, aparece un exemplar localizado hoxe mesmo (20 de setembro de 2014) no río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense. Pido desculpas pola escasa calidade das imaxes presentadas, pero a distancia da observación e a velocidade do propio paxaro non fixeron posible facer un traballo mellor.



























sábado, 20 de septiembre de 2014

Luis Miguel Dominguez visita a Aula da Natureza


 

Charla de "Luis Miguel Domínguez Presidente de Lobo Marley"

Charla de " Presidente de " Organizado pola Aula da Natureza do río Miño
Falaranos do proxecto Lobo Marley@Lobo_Marley
Asociación Ciudadana Lobo Marley, Ciudadanos por el Lobo y el Mundo Rural. Que pescuda soluccións para a problemática que a presenza do lobo ibérico causa na sociedade española.

 Luis Miguel Domínguez Mencía (16 de febrero de 1963, Madrid) é un coñecido naturalista español,director de series de televisión sobre a natureza, como Biodiario,en La 2, e colaborador como especialista en fauna en diversos programas de televisión como CUARTO MILENIO.

Venres, 26 de setembro ás 20:00h Aula da Natureza do río Miño Paseo fluvial de Oira S/N, 32001 Ourense

viernes, 19 de septiembre de 2014

Expansión das ladras ou osgas na Depresión Ourensá.

A ladra (Tarentola mauritanica) é un réptil trepador e insectívoro da familia dos gecos, que chegou a Ourense capital e a súa bisbarra, posiblemente debido ao tráfico de mercadorías por vía ferroviaria, segundo algúns autores. A chegada da especie debeuse producir entre os anos 60 e 70 do pasado século, xa que nos 80 e 90 a especie estaba xa perfectamente establecia nos barrios do Norte da Cidade.

A expansión da especie cara o Sur produciuse coa chegada do presente século, utilizando como vía de expansión as pontes que cruzan o río Miño (Vella, Nova, Novísima e Viaducto).

Na actualidade a especie extendeuse polos concellos veciños de Pereiro de Aguiar, Barbadás, Punxín, San Cibrao das Viñas, e Amoeiro, sendo moi posible a presenza tamén en Coles.

Esta expansión está sendo axudada polo transporte de mercadorías a nivel local entre a cidade e os polígonos industriais que a avastecen. E tamén entre a cidade e os almacés de empresas distribuidoras asociadas ao sector servios e á alimentación.

Asemade a especie confirmouse a viaxe de varios exemplares dende Ourense até o Pereiro de Aguiar nas fiestras de coches de persoas que viven en Ourense e traballan no pereiro e viceversa.

Tamén se confirmou o transporte e posterior liberación de exemplares a mantenta por parte de polo menos dúas persoas, que deron nun dos casos como resultado unha poboación reproductora situada a 18 km do centro de Ourense.

No tocante a cidade a especie estase a expandir untilizando o río Barbaña como vía de introducción no centro, alcanzando o Barrio de A Valenzá, a través dun dos seus afluentes, o Regato dos Muiños.

Pola cunca principal do Barbaña, acadou o Piñeiral, xa moi perto do Polígono Barreiros (San Cibrao das Viñas) onde xa existen poboacións viables.

Por último estanse a localizar exemplares que non coinciden exactamente coa descripción de Tarentola Mauritanica estrictamente, e cuia identificación definitivaestá agora mesmo tratando de concretarse, xa que poderían tratarse doutras especies emparentadas.

O tráfico rodado de coches particulares pode estar xogando un importante papel na expansión da especie no NO da provincia nestaes intres, e é de agardar citas en vilas próximas á capital, con climatoloxía adecuada e con importantes movimentos de poboción e mercadorían entrambas, como pode ser o caso de O Carballiño, Ribadavia ou Celanova.

Nas imaxes uns cantos exemplares fotografados en diversos puntos da cidade de Ourense o pasado día 10 de setembro de 2014.