COLEGAS

miércoles, 30 de marzo de 2011

Gardafontes ibéricos en Ourense.





Gardafontes ou limpafontes é o nome con que en certos puntos da provincia de Ourense se coñecen a certos anfibios urodelos (con cola), das tres especies que podemos atopar na provincia o gardafontes ibérico (Lissotriton boscai), é o máis frecuente.

O nome e gardafontes venlle dado pola crenza popular de que estes anfibios son quenes de limpa-la auga na que habitan, ou de ser un indicador de que a calidade das augas onde podemos observalos é axeitada para o consumo humán.

E algo de certo hai nesta crenza, non por que sexan estes animais unhas depuradoras naturais de baixo custe, senón por que nos atopamos perante uns seres exixentes ca calidade das augas nas que habitan. Este feito ten unha dobre lectura, xa que podemos usar aos gardafontes como efectivos bioindicadores da calidade das augas continentais, pero é tamén un feito que a calidade das augas é un imperativo para a conservación non só dos gardafontes senón tamén do resto dos anfibios.

Nos derradeiros tempos temos varios problemas engadidos á contaminacións das augas doces de Ourense, como son a introduccións de diversas especies alóctonas no medio natural. Destas certas especies de peixes como as carpas ou as percas americanas, o cangrexo roxo americano ou o visón americano, son as que mostran un maior índice de depredación sobre as nosas especies de anfibios, tanto sobre os adultos, como sobre as postas e larvas dos mesmos.

Nas imaxes varios exemplares fotografados recentemente na bisbarra de Ourense.

martes, 29 de marzo de 2011

Lagartas no cristal.






"Só hai un ben: o coñecimento
só hai un mal: a ignorancia"

Sócrates (470-399 a. C) filósofo grego.

Existe un lugar, a cabalo entre os concellos de Sandiás e Vilar de Santos, chamado o Alto do Seixo. Queridos lectodes debedes saber algo, seixo é o nome dunha pedra, e esa pedra é a que en castelán se chama "cuarzo", mineral do que os humanos sacamos o cristal. e mailo vidro. Así, este topónomos indíacanos que no lugar exite este mineral.Polo tanto recoméndovos encarecidamente que cando queirades traducir esta palabra o fagades de maneira correcta. O seixo en un mineral abundante na Galiza, polo menos localmente, esta abundancia deu como resultado a aparición de numerosos topónimos, entre eles Seixalbo, unha localidade do concello de Ourense. Así que si algún día queredes traducir, nada de "Seijalbo", cuarzo blanco si acaso.

Pero tranquilos especuladores, o cuarzo do alto do seixo non é de suficiente calidade para que vós cheguedes cas vosas paleadoras a escarallalo todo, xa o analizástedes nunha ocasión, e seica non vos vale, agradecido ao resultado das análises!.

Pero sigamos que xa me estou perdendo polas ramas para variar, o Alto do Seixo caracterízase por unha combinación de monte baixo, foresta caducifolia alternado con penedías. Entre a fauna do lugar destaca a herpetolóxica, e entre ela unha especie, a lagarta galega (Podarcis bocagei).

E diredes, pero este que dí, lagarta!, non rapac@s non é un insulto, voume explicar:

O pobo máis achegado ao Alto do Seixo chámase Cerredelo, e pertence ao concello limiao de Sandiás, neste pobo, aos réptiles que noutros puntos chaman lagartixas ou lagartiñas, lle chaman lagartas, non é máis que un vernáculo, ou o que é o mesmo, un nome local para denominar a unha especie determinada.

A lagarta/lagartixa/lagartiña galega é un réptil endémico do Noroeste peninsular, abondosa en toda a Galiza, na nosa provincia atópase ben distribuída. Chegando a ser localmente abondosa, como no caso que nos ocupa, esta especie evita certas zonas de maior influenza mediterránea das bisbarras máis quentes de Ourense.

lunes, 28 de marzo de 2011

Gaivota nun marco incomparable.





"O mundo só erixe altares ás vítimas que ten sacrificado. A historia da humanidade é a historia dos mártires"- Edouard Laboulaye (1811-1883)- Xurista e político francés.

Nos derradeiros tempos tíñavos un pouco atosigados co tema herpetolóxico, así que imos descansar unhas entradas do tema, para abordar outros tan interesantes como éste.

Como sabedes, unha das cousas que me apaixona xunto ca zooloxía e a natureza é a historia, e sobre todo cando ambas coverxen dalgunha maneira.

Recentemente fumos tratando, de maneira discreta iso sí, a iconografía relixiosa relacionada coa fauna vertebrada de ourense en algún dos edificios históricos da provincia. Con esa intención acudín hai uns días á catedral de Ourense, para analizala e fotografiala con detalle. Tres horas estiven dándolle voltas ao edificio, e pódovos adiantar que hai material para un ano de post sobre o tema!, increible a riqueza deste edificio.

Sen embargo non será hoxe o tema do día a intensa iconografía da Catedral de Ourense, senón outro detalle. Cando me atopaba eu inmerso na monumental tarefa de retratar o románico edificio, se me achegou un home para informarme de que había unhas gaivotas que estaban a tiro fotográfico, vese que levo o título de paxareiro escrito na cara... acudín axiña, e efectivamente conquerín as imaxes que acompañan este post, unha curiosa postal Ourensá, cun certo aire mariño...de gárgola emplumada. Agradezo públicamente a éste señor, do que descoñezo o nome, o aviso, por que cando vin o resultado gustoume, e moito.

As gaivotas das imaxes son gaivotas patiamarelas ou claras (Larus michahellis), especie que colonozou a cidade como nidificante a comezos do século XXI, sendo invernante habitual e abondosa xa dende os anos 80 do século XX.

A día de hoxe a cidade de Ourense acubilla a que é a maior colonia de cría do interior da Galiza, que alcanzou na pasada tempada de cría as 75 parellas, que crían nos tellados da cidade.

domingo, 27 de marzo de 2011

A toupa ibérica cara a cara.






"Se non queres perderte no esquecimento tan axiña como estexas morto e corrupto; escrebe cousas dignas de lerse ou fai cousas dignas de escreberse"- Benjamin Franklin (1706-1790)- Político e inventor estadounidense.

Tan odiadas como descoñecidas as toupas son uns dos nosos mamíferos máis curiosos. En España existen duas especies deste insectívoro adaptado á vida soterránea, a toupa europea (Talpa europaea) e a toupa ibérica (Talpa occidentalis), endémica da Península. A separacións destas especies foi durante séculos obxeto de controversia por parte dos científicos europeos.

Na Galiza, e na nosa provincia, só contamos ca presenza da toupa ibérica, moi perseguida polos danos que causa nas actividades agrícolas e gandeiras, ao fozar nos pastos do gando e nos campos de cultivo. Antano, esta especie tamén foi obxeto de persecución con destino á industria peleteira, xa que a súa suave pel era moi apreciada para a fabricación de abrigos.

As imaxes que acompañan este post, foron obtidas na cidade de Ourense recentemente, e amosan una estructura corporal perfectamente adaptada á vida soterránea, coas extremidades transformadas para a actividade cavadora, cos ollos escondidos baixo o pelo, prácticamente inapreciables.

A pesar da persecución á que ten sido sometida, a toupa segue a ser un mamífero frecuente en Ourense, evitando tansó aquelas zonas de chaos rochosos, nos que lle resulta imposible cavar.

A mala fama que persegue a este animal é en parte inxustificada, xa que a súa actividade contribúe de forma eficaz á aireación dos chans, e ao control de certas pragas. A este feito temos que sumarlle o carácter endémico da especie, a súa área de distribución mundial atinxe en exclusiova á Península Ibérica, e é por tanto responsabilidade dos seus habitantes a conservación das especies exclusivas do seu territorio.

Por último, quixera despedirme por hoxe enlazando o que quizáis sexa a toupa máis famosa da televisión, para os máis maiores quizáis un perfecto descoñecido, para os máis novos tamén, e para os de mediana idade, un antes e un despois na forma de reflectir a programación infantil...

Deica mañá!

sábado, 26 de marzo de 2011

O gardafontes verde atleta.




Bos días lectores, seguiremos a falar de herpetos durante unhas cantas entradas máis. Recentemente puxemos de manifesto a extraordinaria riqueza herpetolóxica dunha zona en concreto da provincia de Ourense, a Depresión Ourensá, onde se asenta a capital da mesma. Esta riqueza é causada por diversos factores, e entre eles a climatoloxía, a situación xeográfica, pero tamén a historia xeolóxica da zona.

A depresión Ourensá estivo en tempos inzada de numerosas zonas húmidas a carón do Val do Miño, estas lagoas, algunhas temporais e outras permanentes tiñan diferentes orixes. por unha parte existían meandros abandonados do río, producto da erosión fluvial, a modo similar dos "Galachos do Ebro", por outro lado existían unha serie de lagoas temporais asociadas a surxencias superficiais do complexo entramado de augas soterráneas da zona, e existían tamén lagoas termais asociadas ao termalismo que tanto caracteriza a día de hoxe a nosa cidade.

Ca progresiva urbanización da cidade a maior parte destes curiosos hábitats perdeuse, e con eles a súa fauna e flora, unha pérdida que quizáis nunca sexamos quenes de recuperar.

Unha das zonas máis ricas neste tipo de hábitats foi o Barrio de As Lagoas, no que existiron ata 7 lagoas diferentes, que foron destruidas polo urbanización da zona entre os anos 60 e 70 do pasado século XX. Neste conxuntos de lagoas habitaban sapoconchos, cangraxos de río, e multitude de anfibios.

Fai uns anos, no Campus Universitario da Cidade de Ourense, dependente da universidade de Vigo, restaurouse unha charca, de caracter temporal, que chegou a contar ca presencia de especies de aves tan interesantes como a pita de río (Gallinula chloropus) ou a garza pequena (Ixobrichus minutus), sen embargo esta lagoa, que pasaba parte do ano seca, naceu con data de caducidade. Recentemente esa parte do campus foi alterada, vilmente, para a construcción dunha pista de atletismo, coa chegada da pista desapareceron as aves e os anfibios que alí habitaban.

O outro dia se me ocurriu a xenial idea de pasar por alí, para ver como respira agora esa zona, e puiden atopar, anexo á pista de atletismo que tamén vos amoso, este vello macho de gardafontes verde, que agora terá a obriga de facer deporte, ante a falla dun lugar adecuado para reproducirse, triste final para un dos anfibios máis fermosos da nosa herpetofauna.

viernes, 25 de marzo de 2011

Rairos en Pereiro de Aguiar.











Rairo é un nome vernáculo bastante extendido na provincia de Ourense para denominar ao sapo corriqueiro (Bufo calamita). Trátase dun vernáculo onomatopeico que fai alusión ás vocalizacións da especie durante a época reproductora. En ocasións este vernáculo é asociado somentes ao ruido proiducido polo animal, existindo xente que considera que o ruido o produce un réptil. Sen embargo aquelas persoas consultadas ao respecto que teñen un contacto ca natureza máis extreito, e quizáis tamén maior idade, identifican sin ningún xénero de dúbida ao rairo como unha clase de sapo.

Nas imaxes uns cantos rairos (Bufo calamita) atopados a pasada fin de semana no concello de Pereiro de Aguiar, pertencente á Depresión Ourensá, é tamén un dos lugares herpetolóxicos máis interesantes do Occidente da provincia Ourensá.

jueves, 24 de marzo de 2011

Postas de sapo na Limia, xogo de identificación.






César comentaba recentemente sobre as postas dos anfibios, pois ben falemos delas. Os sapos do xénero Bufo, o sapo corriqueiro (Bufo calamita) e o sapo cunqueiro (Bufo bufo), soen por as postas en augas pouco profundas con escasa vexetación.

Estas postas caracterízanse por ser ileiras de ovos moi largas enredadas entre a vexetación acuática. Podemos incluso identificar á especie analizando as postas que observemos, así se as ileiras son paralelas de dúas filas de ovos serán de sapo cunqueiro, e se en realidade están formadas por unha única fila de ovos, éstas serán de sapo corriqueiro.

Nas imaxes ensínovos unhas postas atopadas no concello limiao de Vilar de Santos na fin de semana pasada, xogade e tratade de identificar a que especie pertencen, escribindo a vosa aposta a través dos comentarios.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Pornografía anfibia.











Din por ahí que o prometido é débeda, así que vou cumprir a promesa feita esta mañá e vouvos obsequiar con estas imaxes de sexualidade sapeira.

Nas imaxes podedes apreciar o amplexo dunha parella de sapos cunqueiros, sendo o macho o da parte superior, de menor tamaño que a femia, feito habitual na especie. O amplexo é a maneira fina e cientícica de nomear á unión reproductiva dos anfibios anuros. Segundo o punto polo que o macho se aferra á femia o amplexo pode ser inguinal, se o macho a suxeita polas patas de atrás, ou, como nesta caso axilar, cando o macho se suxeita polas axilas da femia.

A fecundación dos ovos dos sapos común é externa, a femia porá longos cordóns de ovos en lugares húmidos de escasa corrente que serán fecundados polo macho sen que exista penetración.

Co gallo de asegurar a súa paternidade, o macho pode ficar por riba da femia durante varias xornadas, até que esta deixe de por ovos, co fin de que nigún outro macho poida fecundalos. Todo un exemplo de perseverancia sin dúbida. Tal como amosan estas imaxes, fresquiñas, optidas a pasada noite na herpetolóxica Depresión Ourensá.

Agardo que estas imaxes non firan a vosa sensibilidade, e que a canción que enlazo neste parágrafo tampouco...

Sapo cunqueiro de novo por Ourense.




Bos días lectores!

Xa falamos recentemente da presencia do sapo cunqueiro (Bufo bufo) na Depresión Ourensá, desta volta, como está xa case todo dito (ollo que digo "case", por que pronto vos darei unha sorpresa con esta especie), namentres non ocorre isto, preséntovos a este exemplar cara a cara.

Reparade nas verrugas apuntadas de este exemplar, que nos amosa a súa pertenza á raza ou subespecie spinosus. Este nome venlle precisamente polo aspecto espiñoso das verrucosidades, perfectamente apreciable neste exemplar atopado o pasado día 18 de marzo de 2011 no concello de Ourense.