"É moito máis sinxelo quedar ben como amante que como marido; por que é moito máis fácil ser oportuno e inxenioso de vez en cando que tódolos días"- Honoré de Balzac (1799-1850)- Novelista francés.
A Depresión Ourensá é sin dúbida algunha un dos puntos quentes da herpetofauna galaica, superado tan só polo Val do Támega, situado tamén na provincia de Ourense. Aproveitando este feito dispuxémonos eu e máis a miña parella, David, a facer un roteiro herpetolóxico na tarde do pasado martes de Entroido, día 8 de marzo de 2011. Para tal fin escollemos unha zona do Norte do concello de Ourense, especialmente rica en herpetofauna.
A pesar de que o calor acaba de comenzar, e até fai pouco estabamos inmersos en intensas xeadas, os bichos deron a talla e puidemos albiscar multitude de rairos, nome ourensán para designar ao sapo corriqueiro (Bufo calamita), lagartiñas dos penedos (Podarcis hispanica), sapiños comadróns (Alytes obstetricans), lagartiñas rabudas (Psammodromus algirus), e un escáncer tridáctilo (Chalcides striatus) tímido, que non se deixou fotografar.
Dende logo é para mín unha novidade topar alguén ca paciencia suficiente de aturarme tamén no campo, algo que valoro especialmente!
Pobre rapas, a tombos polo monte a ver ghusarapos, co ben que se esta en casiña a mirar a tele..
ResponderEliminarEsa xa parece mais unha hispanica de libro. Os calamitas para min sonche casi tan raros coma os Pelobates.
Por estas latitudes os calamitas sonche moi comúns, entrando de cheo na cidade poden chegar a habitar solares non urbanizados no medio mesmo do asfalto, alucinante. Fora de Ourense capital, onde a especie atopa o seu mín altitudinal, uns 120 m, a especie chega a alcanzar moita altura no macizo central e en Trevinca.
ResponderEliminarSaúdos!
Ás veces é bon vivir nun sitio como Ferrol, onde só temos unha podarcis. Ese exemplar que comenta César (a femia do post anterior, sobre a pedra do granito) ten tela... Supoño que se a vise na miña terra a daría por Bocagei, pero ahí abaixo, buf!! Non sería capaz de definila sen collela na mao.
ResponderEliminarUnha aperta