COLEGAS

jueves, 24 de marzo de 2011

Postas de sapo na Limia, xogo de identificación.






César comentaba recentemente sobre as postas dos anfibios, pois ben falemos delas. Os sapos do xénero Bufo, o sapo corriqueiro (Bufo calamita) e o sapo cunqueiro (Bufo bufo), soen por as postas en augas pouco profundas con escasa vexetación.

Estas postas caracterízanse por ser ileiras de ovos moi largas enredadas entre a vexetación acuática. Podemos incluso identificar á especie analizando as postas que observemos, así se as ileiras son paralelas de dúas filas de ovos serán de sapo cunqueiro, e se en realidade están formadas por unha única fila de ovos, éstas serán de sapo corriqueiro.

Nas imaxes ensínovos unhas postas atopadas no concello limiao de Vilar de Santos na fin de semana pasada, xogade e tratade de identificar a que especie pertencen, escribindo a vosa aposta a través dos comentarios.

1 comentario:

  1. Unha cousa previa, Alberto. Días que ambos bufo depositan as posturas en augas pouco fondas...Penso que iso é así no caso de B.calamita, mas non tanto para B.bufo. Alomenos por aquí arriba o Sapo cunqueiro prefire claramente augas fondas e permanentes: ríos remansados, pías artificiais e canles.
    Vendo as fotos teño dúbidas sobre a sp que eu votaría. Sen coller os cintos de ovos en man non me atrevo a prognosticar. Certo que os de Sapo corredor forman unha fileira única cando se estiran suavemente, pero na auga poden encollerse ata aformar un cinto falsamente dobre ou triple.
    Non obstante, polo fondo que se aprecia na imaxe, pola escasa profundidade aparente (nas fotos) da charca, e pola localidade da observación, voto por BUFO CALAMITA.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar