COLEGAS

martes, 15 de marzo de 2011

Ourense, a capital herpetolóxica da Galiza.




"O principio da educación é predicar co exemplo"- Turgot (1727-1781)- Político e economista francés.


Fai uns días acuñei o termo "Ourense, capital herpetolóxica da Galiza", con isto quixen por sobre a mesa un dato científico, Ourense é a capital de provincia galega cun maior número de especies de hérpetos, é dicir, anfibios e réptiles.

A día de hoxe sabemos que a Depresión Ourensá, e entendendo por tal o conxunto formado polo concello de Ourense e os sete concellos que limitan con este, posúe 13 especies de anfibios e 18 réptiles, incluíndo dúas especies de sapoconchos introducidas, o sapoconcho riscado (Mauremys leprosa) (de status incerto), e o sapoconcho americano (Trachemys scripta), perfectamente establecido, un total de 31 especies de hérpetos.

Nesta listaxe non se inclúen as especies alóctonas detectadas en liberdade en Ourense e non establecidas definitivamente no medio natural.

Ao longo deste ano 2011, realizaránse toda unha serie de actividades na provincia de Ourense, co gallo de divulgar a riqueza herpetolóxica non só da Depresión Ourensá, senón de toda a provincia de Ourense. Durante este més iremos desvelando as sorprendentes actividades que terán lugar con tal fin.

6 comentarios:

  1. A ver esas sorpresas, que ti a pouco nos matas dun infarto de cada vez que argallas algo.

    ResponderEliminar
  2. Concordo con César... menos que tiña Valeriana na casa....

    ResponderEliminar
  3. Que é esa Valeriana? e lo tes algho que contar?

    ResponderEliminar
  4. Eiqui cada un se relaxa como pode, ou coma lle deixan, quisir..
    Estaba sacando a conta pero faltame algun bicho, seguirei a pescudar.

    ResponderEliminar
  5. Faltache alghún bicho, alghún tornilliño, etc, etc, jejeje, segue pescudando...

    ResponderEliminar