COLEGAS

miércoles, 9 de marzo de 2011

Entroido Herpetolóxico: 1ª parada A Limia.















Na compaña da familia, o pasado día 6 de marzo de 2011, domingo de entroido na miña querida bisbarra da Limia, fixen unha pequena achega á herpetofauna do Alto do Seixo, unha elevación do concello de Vilar de Santos, caracterizada principalmente, como o seu propio nome indica, pola abundancia de seixo (cuarzo en castelán).

Pouco a pouco foron aparecendo cousiñas, e así deixáronse ver varios exemplares de píntega común (Salamandra salamandra), Lagarto arnao (Timon lepidus) e lagartiña galega (Podarcis bocagei), en apenas unha hora de prospección, confeso que non moi exaustiva.

Parece polo tanto que os réptiles comezan a espertar do sono invernal cas primeiras subidas de temperatura do ano, para sorte de aqueles que gustamos da súa presencia.

3 comentarios:

  1. Boas meu,
    a do granito ten pinta de P.hispanica non?.

    Cesar

    ResponderEliminar
  2. Olá!, as catro primeiras imaxes corresponden a un mesmo exemplar, eu coido que é unha femia de bocagei, pero xa sabes ti que as bocagei da Limia son problemáticas, na zona hispanica é moi escasa, pero existe polo que tampouco ñe descartable.

    ResponderEliminar