Seguimos a voltas ca xa lexendaria herpetofauna da Depresión Ourensá, desta volta presentando varios exemplares da ra verde ibérica (Pelophylax perezi).
A ra verde ibérica é un dos anfibios máis frecuentes do país, como o seu propio nome indica, trátase dun anfibio anuro (sen cola) endémico da Península Ibérica. Forma parte dun complexo grupo de especies distribuidas polo Peleártico, con certa tendencia a hibridar entre sí, o que fai que aparezan diferentes formas híbridas intermedias entre as diferentes especies do continente europeo.
A ra verde é un animal criado en catividade en ocasións, con detino ao mercado gastronómico, sendo moi consumidas en bisbarras como a Limia ou o Val do Támega. En tempos existiron na provincia de Ourense granxas de cría de rás, que criaban formas continentais e americanas de rás, diferentes ás especies autóctonas da Galiza ou da Península. Estas granxas foron en ocasións a orixe de poboacións de especies e variedades de rás alóctonas no medio natural español. Sen embargo, a día de hoxe, non parecen existir en Ourense poboacións de rás deste tipo.
Sí se observa en certas bisbarras unha diminución do tamaño máximo dos exemplares que se ten relacionado ca presencia do visón americano, que depredaría especialmente sobre os exemplares de maior tamaño.
Xa comentamos en algunha ocasión a extraordinaria variabilidade cromética da rá verde ibérica en poboacións da bisbarra da Limia. Na depresión ourensá é tamén frecuente a observacións de variedades cromáticas dispares, como se amosa nas imaxes que acompañan o presente post, obtidas na zona en xornadas pasadas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario