COLEGAS

miércoles, 16 de marzo de 2011

Lagartiñas dos penedos nun entorno urbán.






















Levamos un tempo sinalando a riqueza herpetolóxica da Depresión Ourensá, ás características climáticas desta zona, temos que engadir as sociolóxicas, xa que a depresión Ourensá é a zona máis densamente poboada e alterada da provincia, ao contar ca capital no seu seo, o maior núcleo de poboación dela, que conta con máis de 100000 habitantes.

Como xa dixemos anteriormente a cidade de Ourense é a capital galega cun maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, ademáis dun orgullo, é tamén unha responsabilidade tanto para os habitantes da cidade como para as autoridades que os gobernan, xa que é un deber de todos eles a súa conservación de cara ao futuro.

Nos vindeiros anos viviremos os ourensáns toda unha serie de iniciativas que farán perigar a nosa fauna senlleira, como a entrada do AVE na cidade, a construcción de novos centros comerciais, circunvalacións e rondas boulevar, que porán entre a espada e a parede a numerosas especies, que contan por desgracia, con poboacións moi pequenas e sensíbles.

Quizáis o hérpeto máis abondoso da bisbarra sexa a lagartiña dos penedos (Podarcis hispanica), un endemismo ibérico amplamente distribuído pola Península.

Un estudo aínda non rematado nin publicado parece sinalar que a lagartiña dos penedos é en realidade un conxunto de especies endémicas de distribución dispar no país. E quizáis en breve teñamos que renomear a esta especie como unha nova especie endémica do Noroeste Ibérico, que a día de hoxe se nomemea provisionalmente como morfotipo 1.

As lagartiñas dos penedos habitantes da Depresión Ourensá acadan desidades moi apreciables, sendo localmente o réptil máis común da zona. Esta especie alcanza incluso as zonas máis urbanizadas do centro da cidade, habitando incluso nas coñecidas pontes que atravesan o río Miño ao seu paso por Ourense.

Nestas imaxes de mostra, obtidas na bisbarra recentemente, poderedes apreciar, asemade, a extraordinaria variedade cromática alcanzada pola especie na nosa Depresión, para eles, comeza agora o entroido, e engalanaranse os machos cas súas mellores galas, e cores, co fin de conquistar ás femias neste primeiro período reproductor do ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario