COLEGAS

sábado, 26 de marzo de 2011

O gardafontes verde atleta.




Bos días lectores, seguiremos a falar de herpetos durante unhas cantas entradas máis. Recentemente puxemos de manifesto a extraordinaria riqueza herpetolóxica dunha zona en concreto da provincia de Ourense, a Depresión Ourensá, onde se asenta a capital da mesma. Esta riqueza é causada por diversos factores, e entre eles a climatoloxía, a situación xeográfica, pero tamén a historia xeolóxica da zona.

A depresión Ourensá estivo en tempos inzada de numerosas zonas húmidas a carón do Val do Miño, estas lagoas, algunhas temporais e outras permanentes tiñan diferentes orixes. por unha parte existían meandros abandonados do río, producto da erosión fluvial, a modo similar dos "Galachos do Ebro", por outro lado existían unha serie de lagoas temporais asociadas a surxencias superficiais do complexo entramado de augas soterráneas da zona, e existían tamén lagoas termais asociadas ao termalismo que tanto caracteriza a día de hoxe a nosa cidade.

Ca progresiva urbanización da cidade a maior parte destes curiosos hábitats perdeuse, e con eles a súa fauna e flora, unha pérdida que quizáis nunca sexamos quenes de recuperar.

Unha das zonas máis ricas neste tipo de hábitats foi o Barrio de As Lagoas, no que existiron ata 7 lagoas diferentes, que foron destruidas polo urbanización da zona entre os anos 60 e 70 do pasado século XX. Neste conxuntos de lagoas habitaban sapoconchos, cangraxos de río, e multitude de anfibios.

Fai uns anos, no Campus Universitario da Cidade de Ourense, dependente da universidade de Vigo, restaurouse unha charca, de caracter temporal, que chegou a contar ca presencia de especies de aves tan interesantes como a pita de río (Gallinula chloropus) ou a garza pequena (Ixobrichus minutus), sen embargo esta lagoa, que pasaba parte do ano seca, naceu con data de caducidade. Recentemente esa parte do campus foi alterada, vilmente, para a construcción dunha pista de atletismo, coa chegada da pista desapareceron as aves e os anfibios que alí habitaban.

O outro dia se me ocurriu a xenial idea de pasar por alí, para ver como respira agora esa zona, e puiden atopar, anexo á pista de atletismo que tamén vos amoso, este vello macho de gardafontes verde, que agora terá a obriga de facer deporte, ante a falla dun lugar adecuado para reproducirse, triste final para un dos anfibios máis fermosos da nosa herpetofauna.

3 comentarios:

  1. Será que nunca mais aprendemos?Nem sequer nas universidades?
    Qual será o fim de uma espécie que só semeia destruição?

    Um abraço,
    mário

    ResponderEliminar
  2. Boas meu, esa e a charca que rehabilitara a OMA da Uvigo?, sempre igual..

    ResponderEliminar
  3. Efectivamente, era ese o proxecto, parece mentira que agora se estexa estudando ciencias ambientais en Ourense, vese que o concepto de carreira é o que é. Para máis Inri a pista non é apta para competicións deportivas oficiais, así que se perdeu unha oportunidade de ouro para a dinamización do deporte na cidade. Xa de cagala cagala con xeito, digho eu!

    ResponderEliminar