COLEGAS

jueves, 30 de septiembre de 2010

Depuración de augas residuais con macrofitas nas Corcerizas.
















Como vos dixen na anterior entrada, a pasada fin de semana estivemos de encontro de voluntariado cos Amigos da Terra na Serra de San Mamede.

Unha das labouras realizadas durante este encontro foi a reparacións dunha das balsas de depuracións de augas residuais que posúe as instalacións das Corcerizas.

A depuración de augas residuais con macrofitas consiste na utilización de prantas acuáticas como xuncos ou espadanas, para elo se constrúen balsas de auga que se enchen ca auga que rebosa dos pozos negros, nestas balsas se colocan unhas estructuras frotantes nas que se prantan as macrofitas, as balsas están impermeabilizadas polo que as raices están en pleno contacto ca auga. As bacterias que viven en sibiose nas raices das prantas son as que realizan esta depuración das augas, axudadas polo aire que existe nas cabidades das folllas das propias prantas.

Nas instalacións das corcerizas construiuse asemade unha segunda balsa para facer unha segunda depuración das augas para o súa posterior liberación ao medio.

Esta balsa necesitaba unha urxente reparación debido a que se detectou unha fuga de auga que fixo que a vexetación acuática se secase, polo tanto procedimos ao baleirado da mesma, co correspondente rescate de fauna asociada á balsa, para repara-la impermebilización.

Nas imaxes que acompañan este post podedes ver o avance da reparación da balsa e a outro que non foi reparada xa que se atopa en perfectas condicións de uso. De todos xeitos, desta última foron retirados os salgueiros (Salix sp) polo perigo que supuñan para as macrofitas,, xa que podían "afogar-las" xa que compiten con estas polo espazo da charca, estes salgueiros foron reprantados nun lugar máis axeitado.

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Encontro de voluntarios de Amigos da Terra nas Corcerizas









Anualmente a asociación ecoloxista Amigos da Terra, comboca un encontro de voluntarios nas Corcerizas, intalacións xestionadas pola mesma e situadas en plena serra de San Mamede (Vilar de Barrio).

Nos citados encontros realízanse tarefas de mantemento das instalacións para o seu correcto funcionamento, na última combocatoria, que tivo lugar a pasada fin de semana, (24, 25 e 26 de setembro de 2010), reparouse unha balsa de depuración de augas residuais con macrofitas, fixéronse os tratamentos necesarios para a conservación da madeira á intemperie, construiuse un "baño seco", e, como non vai ser todo traballar, o domingo nos fumos de pateada ata o Bidueiral de Montederramo, unha impresionante masa de bidueiros (Betula sp.) que constitue a masa de bidueiros monoespecífica situada máis ao Sur no continente europeo.

Nas imaxes podedes ver algúns dos inesquecibles momentos que os voluntarios vivimos durante esas xornadas.

martes, 28 de septiembre de 2010

Rousinol bravo nas mans dunha nai.




Creo que é un feito común a tódolos "bicheiros" que tratamos de concienciar na protección do noso patrimonio natural a todo aquel que se atopa ao noso arredor. É esta a razón última deste post, contarvos un pequeno logro persoal que fai que me sinta orgulloso daqueles que me rodean.

É un feito coñecido que eu traballo en hostelaría, a miña nai, ben tódolos días a botarme unha man no bar, chega dando un paseo máis ou menos unha hora despois de que eu abra, para facelos pinchos.

O pasado día 24 de setembro de 2010, apareceu pola porta do bar cun pequeno paxariño que atopou polo camiño, nunha das rúas do casco urbán da cidade, estaba aturdido e desorientado, tamén algo frío, a pesar de que tampouco facía moito frío nese intre. O paxaro era un rousinol bravo (Cettia cetti) unha especie típica das ribeiras dos ríos.

Pasado certo tempo dándolle calor ao animal, este pareceu espabilar, polo que foi soltado perto do lugar onde o atopara a miña nai, voaba en perfectas condicións.

É por iso que este post llo adico a ela, por amosar a sensibilidade necesaria para tentar salvar a un indefenso ser vivo que s e atopaba en apuros, e que o máis fácil era que rematara atropelado ou pisoteado polo trafego da cidade.

Grallas pequenas na Limia.





O pasado día 18 de setembro de 2010, o compañeiro Xosé Ramón Reigada e máis eu, atopamos este bando duns 60 exemplares de gralla pequena (Corvus monedula), nunha explotación de gando equino do concello limiao de Xinzo de Limia.

A gralla pequena é un paxaro da familia dos córvidos, escaso en Galicia, trátase dunha ave colonial, polo que aínda que a súa distribución é moi localizada, podemóla atopar formando grupos bastante numerosos.

Na provincia de Ourense a especie aparece nas bisbarras da Limia, Monterrei e Valdeorras, ademáis recentes rexistros parecen indicar o seu asentamento na cidade de Ourense e o seu entorno máis inmediato.

lunes, 20 de septiembre de 2010

Cobra lagarteira común en Sarreaus.






O pasado día 18 de setembro de 2010, o colega Xosé Ramón Reigada e máis eu atopamos este exemplar de cobra lagarteira común (Coronella austriaca) perto do pobo de Portela, no concello limiao de Sarreaus.

A cobra lagarteira común, estreitamente emparentada ca cobra lagarteira meridional (Coronella girondica) é un pequeno ofidio típico de zonas que conserven certo índice de humidade, así poderémola atopar en verdes pradeiras e lugares similares.

No contexto da provincia de ourense, trátase a tódolos efectos dun reptil escaso, de distribución irregular e restrinxida aos lugares que teñen os requerimentos ecolóxicos da especie.

As poboacións ourensás desta especie están incluidas dentro da subespecie (raza) endémica acutirrostris, propia do Noroeste ibérico.

viernes, 17 de septiembre de 2010

Papuxa cabecinegra en Monterrei.




A papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala) é un paseriforme de tendencias mediterráneas que nos últimos anos experimentou un constante aumento da súa área de distribución en Galicia.

Se en tempos era un habitante típico de certos puntos das provincias de Ourense e Pontevedra, hoxe en día podemos falar dunha especie que está presente nas catro provincias galegas.

Nas imaxes podedes apreciar un dos exemplares capturados para anelamento no concello de Monterrei polo anelador Pablo A. Sanmartín Santiago, nas xornadas do 8 e 9 de setembro de 2010.

Picafollas musicais en Viana do Bolo.







Pouco queda dicir quizáis dos picafollas musicais (Phylloscopus trochilus) excepto que nestes días teñen a provincia de Ourense prácticamente invadida, e podémolos ver case que por calquera parte, comendo con ansiedade para coller as forzas necesarias para continuala súa viaxe migratoria.

Nestas imaxes aparecen varios exemplares observados en terreos do concello de Viana do Bolo o pasado día 11 de setembro de 2010.

jueves, 16 de septiembre de 2010

Anduriñas do cu branco en Monterrei.








Nestes días previos á migración postnupcial, hai certas especies que tenden a xuntarse en grandes grupos para afrontar así, dunha forma máis segura, a longa viaxe que os levará miles de kilómetros máis ao Sur, e, incluso, a cruzar un inmenso deserto como o é o do Sahara.

Unha desas especies migradoras que nestes momentos podemos ver formando grandes grupos é a anduriña do cú branco (Delichon urbicum), como amosan estas imaxes nas que podedes apreciar un bando desta especie, pousados en cables do tecido eléctrico do concello de Monterrei, que estaba composto por 106 exemplares. Este bando foi detectado o día 9 de setembro de 2010 en compaña de Pablo A. Sanmartín e Antonio Jimenez.

A anduriña do cú branco é un paseriforme insectívoro frecuante nas vilas e pobos galegos, en Ourense é tamén unha especie común, sen embargo nos últimos tempos esta e outras especies similares teñen sufrido unha considerable merma dos seus efectivos; hai incluso quen apunta a que esta merma está directamente relacionada co uso indiscriminado de insecticidas e outros tipos de plaguicidas.