COLEGAS

jueves, 2 de septiembre de 2010

Folosa dos xuncos en Vilar de Santos.





Como o prometido é débeda, velahí tendes unhas fotografías melloradas da folosa dos xuncos (Acrocephalus schoenobaenus).

Trátase dunha especie de paseriforme propia das masas de vexetación palustre, que se presenta na provincia de Ourense, de forma sempre escasa, durante os pasos migratorios; principalmente durante o paso postnupcial, que é o que está a ocorrer nestes dias, e que se desenrola despois do período do cría.

As imaxes amosan un exemplar desta especie capturado para anelamento por Pablo A. Sanmartín Santiago o pasado día 14 de agosto de 2010, en terreos do concello limiao de Vilar de Santos.

1 comentario:

  1. Alégrome de que xa teñas fotos boas da Folosa dos xuncos, logo do que pelexaches con aquela que víramos hai un mes.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar