COLEGAS

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Escouparón cego en Monterrei.




Imóslle dar un pequeno descanso aos ollos dos herpetólogos que len o blog cunha entrada do máis peculiar do bechos que reptan por terras galegas, trátase do escouparón cego (Blanus cinereus), un réptil serpentiforme que trata de asemellarse ás miocas, e que como éstas ten hábitos de vida soterráneos.

En terras galegas só podemos atopar ao escouparón cego na bisbarra de Monterrei, e diredes vós, ¿de onde sacou este o nome de escouparón cego?, este nome vernáculo foi recollido na bisbarra de Monterrei polo naturalista Xosé Ramón Reigada, resulta que escouparón é o nome recollido nas terras do Val do Támega e que se refire a esa sorte de lagartos ápodos ou case, que asemellándose ás cobras non chegan a selo, dentro desa categoría entrarían os escancer (Chalcides), o esgonzo (Anguis) e por suposto a tamén chamada cobra cega (Blanus).

O exemplar que aquí se presenta foi atopado na compaña precisamente de Xosé Ramón Reigada, Pablo A. Sanmartín e Antonio Jimenez o pasado día 9 de setembro de 2010.

1 comentario:

  1. No vi una en mi vida, no debe ser nada fácil de encontrar.
    un saludo y enhorabuena por tu blog

    ResponderEliminar