COLEGAS

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Picafollas ibérico en Vilar de Santos.





Nestas imaxes podedes apreciar un dos exemplares de picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus) capturado para anelamento polo anelador Pablo A. Sanmartín Santiago, o pasado día 13 de agosto de 2010 en terreos do concello limiao de Vilar de Santos.

O picafollas ibérico é unha especie de paseriforme, que como o seu propio nome indica, é endémica da Península ibérica, recentemente separada do seu parente cercano o picafollas europeo (Phylloscopus collybita), do que se consideraba ata entón unha subespecie.

Trátase dun visitante estival que está a piques de liscar para as súas localidades de invernada, das que polo de agora non se coñece a súa ubicación, así o anelamento dos picafollas ibéricos persegue a investigación das rutas migratorias e cuarteis de invernada da especie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario