COLEGAS

jueves, 2 de septiembre de 2010

Fulepa das canaveiras na Limia.






Recentemente confirmouse por primeira vez na provincia a reproducción da fulepa das canaveiras (Acrocephalus scirpaeus), este feito prodúxose nas areeiras da Limia neste ano 2010, ata entón a especie soio tiña sido detectada moi escasamente nos pasos migratorios nos vales dos ríos Limia e Támega.

Despois deta nova tiveron lugar as xa nomeadas xornadas de anelamento por parte de pablo A. Sanmartín Santiago, Cristina Casalderrey Cánovas e Emilio Martinez Sabarís, nas que se capturaron para anelamento varios exemplares en terreos dos concellos limiaos de Vilar de Santos e Sandiás.

Prova delo son estas imaxes que amosan parte dos exemplares anelados entre os días 13 e 15 de agosto de 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario