COLEGAS

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Folosa grande en Vilar de Santos.



A folosa grande (Acrocephalus arundinaceus) é un paseriforme estival de tamaño apreciable, escaso como nidificante en Galicia. A Limia posúe a que quizáis sexa a maior poboación nidificante da nosa comunidade autónoma.

Na pasada tempada de cría localizáronse só no espazo natural das areeiras da Limia (incluído dentro da Zepa da Limia en terreos do concello de Sandiás), un total de 14 machos cantores desta especie.

Nas imaxes aparece un dos exemplares capturados por Emilio Martinez Sabarís, Pablo A. Sanmartín Santiago e Cristina Casalderrey Cánovas para anelamento na Limia durante as xornadas dos días 13, 14 e 15 de agosto de 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario