COLEGAS

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Anelamento na Limia.










O anelamento científico de aves é unha actividade realizada por ornitólogos profesionais e cualificados que consiste na captura de aves con diferentes métodos (habitualmente con redes), para colocarlles unha anela metálica cun código alfanumérico, con posterioridade á captura as aves son postas en liberdade de novo.

Durante a fin de semana dos días 13, 14 e 15 de agosto de 2010 foi realizada unha campaña de anelamento por parte dos ornitólogos Emilio Martinez Sabarís, Pablo A. Sanmartín Santiago e Cristina Casalderrey Cánovas.

Nas fotografías podedes que acompañan a presente entrada podedes ver o árduo desenrolo das xornadas, que comezan ca colocación das redes en lugares estratéxicos para a captura das aves, periódicamente se revisan as redes para retira-los paxaros que van quedando atrapados.

Unha vez capturados, colócaselles a anela, cuio tamaño será proporcional ao tamaño da especie capturada, anotándose tódolos datos correspondentes a cada exemplar. Estes serían a especie, datos biométricos (medidas, peso, cantidade de graxa,) e os datos da hora, data e lugar da captura, despois de todo isto o paxaro recobra a liberdade.

O anelamento científico contitúe unha actividade inprescindible para o coñecimento das rutas migratorias e orixes da avifauna europea, esta actividade require unha alta cualificación por parte dos aneladores, que precisan dun carnet profesional que permita o desenrolo desta actividade.

Para a obtención de dito carnét é preciso someterse a árduos exames que se convocan con caracter anual, ao mesmo tempo é preciso acreditar unha experiencia demostrable anelando na compaña de profesionais que xa posuan os permisos necesarios para o exercicio do anelamento científico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario