A papuxa das amoras (Sylvia atricapilla) é quizáis unha das papuxas máis frecuentes da provincia, especie eminentemente sedentaria, podemos localizala na provincia durante todo o ano.
As imaxes que acompañan esta entrada amosan un macho e un exemplar novo da mesma especie que aínda non desenrolou a plumaxe contrastada dos adultos, a plumaxe dos exemplares novos desta especie aseméllase á das femias dultas, que posúen o curuto da cabeza de cor parda en lugar de negra.
Os exemplares das fotografías foron capturados para anelamento nos concellos limiaos de Vilar de Santos e Sandiás por parte de Emilio Martinez Sabarís, Cristina Casalderrey Cánovas e Pablo A. Sanmartín Santiago os pasados días 13, 14 e 15 de agosto de 2010.

No hay comentarios:
Publicar un comentario