COLEGAS

martes, 14 de septiembre de 2010

Papuxa carrasqueira en Monterrei.




A papuxa carrasqueira (Sylvia cantillans) é un pequeno paseriforme, de claras tendencias mediterráneas, típico habitante das áreas de mato das bisbarras máis quentes da provincia de Ourense.

Visitante estival, atópase en portas de inicialo seu periplo migratorio postnupcial camiño do continente africano, terreos que non abandonará ata os meses de febreiro ou abril.

Nas imaxes podedes apreciar un dos exemplares capturados para anelamento o pasado día 8 de setembro de 2010, en terreos do concello de Monterrei, polo anelador Pablo A. Sanmartín na compaña de Antonio Jimenez e este que vos escribe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario