COLEGAS

miércoles, 25 de marzo de 2009

Anduriñas comúns pusadas nun castiñeiro da Limia











Un grupo familiar de anduriñas comúns (Hirundo rustica) posado nun castiñeiro do pobo de Castelaos (Vilar de Santos) en xullo de 2008, un sustrato pouco utilizado pola especie para tal fin xa que utiliza outros pousadoiros habitualmente, tales como cables telefónicos ou de electricidade.

Familia de avelaionas nun parque urbán en Ourense.





Aínda que as fotografías non son de boa calidade, amosan unha familia de avelaionas (Strix aluco) nun parque urbán da cidade de Ourense ó solpor do día 1 de agosto de 2008, confirmando a cría desta especie na cidade no barrio de As Lagoas, onde a parella foi atopada con tre polos volantóns á procura de comida, a especie foi escoitada durante todo o vran na zona onde finalmente se confirmou a cría.

As lagartixas de rabo azul



Un curioso fenómeno dos xuvenís dalgunhas lagartixas galegas, é que posúan o rabo de cor azul, este fenómeno é especialmente frecuente nos xuvenís das lagartixas dos penedos (Podarcis hispanica) como podedes observar nestes exemplares da comarca de Ourense.

A rula turca, unha especie en expansión na provincia de Ourense




Se nos anos oitenta do pasado século a rula turca (Streptopelia decaocto) era unha especie prácticamente decoñecida na provincia, nidificando tan só en Xinzo de Limia, na actualidade esta especie está presente en tódalas vilas e cidades de importancia, mostrándose moito máis urbana que a súa parente migratoria a rula común (Streptopelia turtur) as fotografias proveñen de Vilar de Santos e Ourense, pero a especie xa está presene en vilas máis apartadas, como a Veiga ou Viana do Bolo.

A rá dos regos en Ourense






A rá dos regos (Rana iberica) é unha das especies máis frecuentes de anfibios da provincia, aínda que non tanto como a rá verde, poisestá máis limitada polo seu hábitat, esta especie é frecuente incluso en puntos cercanos á cidade dos ríos Loña ou Barbañica, de onde proveñen parte das fotos, extendida por toda a provincia pode ser locamente abundante cando as condicións do habitat son idoneas, tratase da dunha das duas especies de rá parda presentes na provincia, a outra é a ra bermella (Rana temporaria) limitada as cotas máis altas das serras centroorientais.

Píntega común nunha mina de auga en Xunqueira de Ambía


Xuvenil de Salamandra común (Salamandra salamandra) atopado estiando nunha mina de auga do concello de Xunqueira de Ambía o día 20 de Agosto de 2008, o exemplar estaba moi perto da entrada da cabidade onde tamén se atoparon outras especies de anfibios, como a rá dos regos (Rana iberica).

As toupas, victimas dun xenocidio en Ourense....




As toupas (Talpa occidentalis) son uns animáis moi perseguidos polos agricultores da provincia, voa proba delo son estas fotografías optidas nun pobo da Serra de San Mamede pertencente ó concello limiao de Vilar de Barrio, na zona antigamente coñecida como a limia alta, o día 6 de setembro de 2008, non vou comentar nada máis, simplemente as imaxes falan por si soas.

Buxato común morto por colisión en Ourense.




Este exemplar de buxato común (Buteo buteo) foi atopado perto de Vilar de Astres, no concello de Ourense, a carón dunha torreta de alta tensión, que con toda provabilidade foi a causante da morte do buxato, ó colisionar con ela e electrocutarse, este é un serio problema que afecta sobretodo ás aves planadoras. As fotografías foron optidas o día 17 de Xullo de 2008, a primeira fotografía corresponde a outro exemplar atopado a carón do encoro de Castadón, morto nas mesmas circunstancias, o día 10 de Xaneiro de 2003.

martes, 24 de marzo de 2009

O pombo unha especie urbana en ourense




O pombo (Columba palumbus) é unha especie frecuente nas zonas verdes da cidade de Ourense, son moitas as que crías tanto na vexetación de ribeira do río Miño coma nas árbores de parques e xardíns, ahi tendes unhas cantas fotos da pasada tempada de cría de 2008, optidas en diferentes puntos da cidade.

Niño dunha carriza nunha fonte do século XVIII






Este é o niño que unha parella de carrizas (Troglodytes trglodytes) ben utilizando dende hay anos dentro dunha fonte do ano 1735 situada en Vilar de Santos, a denominada fonte da Cachalbura, as fotos do macho cantor foron optidas en Ourense neste mes de marzo de 2009, ademáistamén se mostra outro niño atopado tamén nunha fonte dun monte de Pereiro de Aguiar, parece que este é un sustrato no que as carrizas gustan para aniñar.

Cegoñas e agricultura






Unha costume coñecida das cegoñas brancas (Ciconia ciconia) é a de seguir ós tractores cando estan a traballar a terra, nestes días nas terras da Limia os agricultures estan arando e agradando as fincas para sementar a nova colleita, principalmente de cereais, con eles un bando de cegoñas seguen os arados na procura de alimento, sen embargo como nestas datas as femias estan xa chocando os ovos no niño, son os machos os que buscan alimento con aínco para cebar á femia nos niños.

As fotos foron optidas en Vilar de Santos na pasada ponte do día do Pai de 2009.

lunes, 23 de marzo de 2009

Larvas de píntega común na Limia





Fotografias de larvas de píntega común (Salamandra salamandra) atopadas no pobo abandonado de Saa (Vilar de Santos) nun pozo abandonado da antiga capital municipal o día 20 de marzo de 2009, a zona é unha importante zona de reproducción de anfibios, que acuden a reproducirse ás antigas fontes do pobo abandonado.

Píntega común nun barrio da cidade de Ourense



Exemplar de píntega común adulto (salamandra salamandra) cas características da subespecie gallaica, atopada morta por atropelo, no barrio do Cuco, na cidade de Ourense no nadal de 2008.

Limpafontes iberico no Loña




Fotografias de limpafontes ibérico (Lissotriton boscai) no río Loña en Ourense o pasado mes de xullo de 2008.

Parella de miñatos abelleiros en Ourense





Estas son as fotografías da parella de miñatos abelleiros (Pernis apivorus), que rexenta un territorio na conca do río Loña en Castadón, unha das múltiples riquezas deste descoñecido punto da comarca de Ourense, as fotos foron optidas en xullo de 2008.