COLEGAS

martes, 24 de marzo de 2009

Cegoñas e agricultura






Unha costume coñecida das cegoñas brancas (Ciconia ciconia) é a de seguir ós tractores cando estan a traballar a terra, nestes días nas terras da Limia os agricultures estan arando e agradando as fincas para sementar a nova colleita, principalmente de cereais, con eles un bando de cegoñas seguen os arados na procura de alimento, sen embargo como nestas datas as femias estan xa chocando os ovos no niño, son os machos os que buscan alimento con aínco para cebar á femia nos niños.

As fotos foron optidas en Vilar de Santos na pasada ponte do día do Pai de 2009.

No hay comentarios:

Publicar un comentario