COLEGAS

miércoles, 4 de marzo de 2009

A gambusia unha nova especie introducida na provincia de Ourense


No pasado vran foi localizada unha nutrida poboación de Gambusias (Gambusia holbooki), no rio Loña en Pereiro de Aguiar. De orixe americano, esta especie foi introducida na Península Ibárica a comezos do século XX, con fin de que controlara a poboación de mosquitos da malaria alimentándose das súas larbas.

A presencia desta especie foi detectada polo autor, xa no ano 2006, no encoro de Velle no río Miño en Coles, con posteridade a especie foi detectada nos encoros de Cachamuiña e Castadón do río Loña en Pereiro de Aguiar en Agosto de 2008.


No hay comentarios:

Publicar un comentario