COLEGAS

lunes, 3 de enero de 2011

A pita piñeira: unha raza autóctona.







"Seis honrados servidores me ensinaron canto sei, os seus nomes son cómo, cando, onde, qué, quen, e por qué"- Rudyard Kipling (1865-1936)- poeta e escritor inglés.

Houbo un tempo no que esta nosa Galicia estaba chea de multitude de razas autóctonas de animais domésticos, co paso do tempo e a chegada de razas industriais máis rendábeis, moitas delas foron desaparecendo, como moitos dos habitantes do interior, outrora donos deste patrimonio hoxe a piques de desaparecer.

Como vos dixen o ano pasado, as razas domésticas autóctonas serán un dos temas que trataremos a través das páxinas deste blog, neste novo ano 2011.

Unha destas razas autóctonas, hoxe obxeto de planes de recuperación por parte de institucións e particulares, é a Pita Piñeira, unha raza de galiñácea doméstica, orixinaria da zona de Arzúa (A Coruña), pero extendida no pasado por outros puntos da Galiza.

A pita piñeira é unha das duas derradeiras razas de pita autóctonas galegas, a outra é a pita de Mos, pertence ao tronco céltico das galiñas, unha antiga linaxe das pitas que nos aproxima ao momento no que esta ave foi domésticada, e que se caracteriza por un pronunciado dimorfismo sexual, común ás pitas salvaxes que aínda viven no continente asiático, como o galo de Bankiva, e do que evolucionarían a maioría das razas de galiña domésticas actuais.

As galiñas do tronco céltico son propias da fachada atlántica do continente europeo.

As pitas piñeiras presentan cristas en forma de noz, sin ramificacións nin picos, os machos presentan tons tornasolados, namentres que as femias posúen tons aperdizadas que lle axudan a camuflarse co entorno, existen tres variedades crométicas da raza na actualidade, unha branca, na que machos e femias son por enteiro desa cor, unha aperdigada, asalmonada, moi próxima ás variedades salvaxes de pitas, e aperdigada, que é a que se presenta nestas imaxes, obtidas no meu galiñeiro familiar situado no concello de Vilar de Santos.

Algo que non vos comentei en pasadas entradas é o feito que as palabras en cor vermella son enlazamentos a outros sitios webs, que considero de interese, e que, dalgunha maneira, complementa a información verquida neste blog.

6 comentarios:

  1. Olá Alberto, que boas son, algunhas eran, estas nosas razas autóctonas, nesta deriva cara a uniformidade xenética produtiva comercial económica social ...
    Desexo que este ano che (vos) sexa do máis favorable posible
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Incluso nós estamos en perigo de extinción!

    O mesmo para tí meu!

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Eu pensava que só no Norte de Portugal chamáva-mos pitas às galinhas. Mais uma surpresa...

    ResponderEliminar
  4. Ola. Estou moi interesado en saber máis sobre as Pitas Piñeiras. Son poñedoras, ou son mellores para o consumo de carne? Adaptanse ben ao entorno? Entendo que si, ao ser autóctonas, pero tiven na casa Galiña de Mos e morreume moito, din, polo frío. Aguantan ben os invernos do interior ourensán? Son grandes?

    Vexo que es de Vilar de Santos. Eu son de Allariz. Vendes Pitas Piñeiras?

    Moitas grazas.

    ResponderEliminar
  5. Olá, ben seguramente farei un novo post en breve sobre a raza por que vexo que derperta certo interese tendo en conta que esta é unha das entradas máis vistas. A pita piñeira, aínda que apta para a carne, é sobre todo unha pita poñedora, moi poñedora de feito. Non parece afectarlle o frío, de feito as nosas aguantan ben, pero deberías resgardalas de unha excesiva humidade. Son dun tamaño normal, nin moito menos tan grandes como unha pita de Mos. Nós non vendemos pitas, pero podo porte en contacto con xente que sí en Xinzo.

    Se xa tes pitas e chocan unha maneira útil e conquerilos ovos de piñeira fecundados e votar unha pita con eles.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  6. ¿quen ten pitas piñeiras en vilar de santos? estou interesado nelas. eu traballo con xente de ali e agora me entero de que as hai
    saúdos dende allariz
    manolo

    ResponderEliminar