COLEGAS

martes, 11 de enero de 2011

O Muflón: o carneiro bravo.


"Os bolsillos dos gobernantes deben ser de cristal" - Enrique Tierno Galván (1918-1986)- Político e sociólogo español.

O muflón (Ovis musimon), chamado carneiro bravo en Galicia, é un artiodáctilo controvertido, principalmente pola súa posición taxonómica, que leva anos sendo protagonista de debates.

Orixinalmente ata o período paleolítico,e ao igual que o gamo (Dama dama), o carneiro bravo distribuíase abondoso polo continente europeo, con posterioridade extinguiuse de gran parte do territorio, quedando relegado ás illas de Córcega, Cerceña, Chipre, e unha pequena poboación an Armenia. Pero esta é só unha das teorías, xa que outra apunta a que os carneiros bravos europeos proceden dunha especie oriental (Ovis orientalis), da que xurdirían as razas domésticas de ovellas actuais (Ovis aries), e que en realidade os muflóns non serían outra cousa que ovellas asivestradas nun estadío primitivo e próximo á data de domesticación.

Sexa como fora os muflóns que hoxe pululan polos montes Europeos proceden da illa de Cércega, dende onde a especie foi introducida ao pais anteriormente coñecido como Checoslovaquia. Dende alí a especie foi introducida na Península Ibérica, a mediados dos anos 50 do século XX, na provincia de Cuenca, dende onde posteriormente, e sempre con fins cinexéticos, foi introducida en diversas reservas e cotos privados de caza do ámbito ibérico.

A Ourense debeu chegar en torno aos anos 90 do pasado século, ao abrigo dun proxecto de caza maior intensiva na serra do Eixe (A Veiga), aínda que certos mapas o dan como presente tamén no parque natural dos Montes do Invernadoiro (Vilariño de Conso).

Hai máis ou menos un ano, o día 13 de xaneiro de 2010, apareceron uns cráneos de cabra brava (Capra pyrenaica victoriae) e un de carneiro bravo, nun vertedoiro do concello de Lobios próximo aos límites do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, podedes vela notiza picando neste enlazamento.

Non atopei referencia algunha á presencia do carneiro bravo nin na serra do Xurés, nin nas súas proximidades, aínda que fontes confidenciais confirmáronme que no Parque Natural do Invernadoiro están tendo lugar, "presuntamente", prácticas cinexéticas ilegais ,nas que se están cazando lobos e cabras montesas, polo que apunto que "presuntamente", estes restos poderían proceder do devandito parque natural.

Dende Fauna Vertebrada de Ourense, queremos por de manifesto que os proxectos de reintroducción da cabra montesa en territorio galaico non obedecen a fins cinexéticos, xa que se están a producir en áreas protexidas. Estes proxectos están financiados con cartos públicos, que pagamos todos, polo que convido, a quen proceda (a administración pública neste caso) a que vixíe de maneira especial a fin última destes animais, que debe ser a conservación e non a caza indiscriminada para disfrute duns poucos, que por riba ao ser ilegal non pagan un peso!.

Por último, e aquel que queira que entenda, considero á caza ilegal un cancro, e xa que o cancro o tratan os oncólogos, agardo, sinceiramente atopar un oncólogo que cure este cancro.

4 comentarios:

  1. Olá Alberto

    Tens conhecimento da existência de muflões em liberdade em regiões perto da fronteira com Portugal? Perto por exemplo do parque de Montesinho ou do parque do Gerês?

    No parque Invernadeiro existem em liberdade ou em cercados?

    Obrigado

    ResponderEliminar
  2. Olá FredericoV, vin os teus comentários, como ves eu nao apunto localidade exacta das observaçois por prudencia, ja que estamos a falar de especies cinegéticas, sensibeis de sufrir unha persecuçao. Como ja digo neste post a min nao me costa a xistencia de gamos e mufloes nas regiois fronterizas. Por iso apunto a origem hacia outro punto da provincia. No invernadeiro á parte de animais en cercados e parte en liberdade fora deles.

    Saúdos.

    ResponderEliminar