COLEGAS

viernes, 14 de enero de 2011

Pretérito Imperfecto, 1º capítulo: Listaxe dos peixes extintos na provincia de Ourense.


"Na Terra hai suficiente para satisfacer as necesidades de todos, pero non tanto como para satisfacer a avaricia de algúns"- Mahatma Gandhi (1869-1948)- Pensador e político indio.

O home, ao longo dos séculos, e sobre todo nos derradeiros 300 anos, está a provocar unha extinción masiva de especies por todo o planeta. A nosa provincia non é allea a esta realidade, como xa en diversas ocasións temos comentado a través das páxinas deste blog.

Un dos grupos de vertebrados afectados nos derradeiros 50 anos pola acción manipuladora da man do home son os peixes, e dentro destes o grupo de especies denominadas anadromas.

As especies de peixes anadromas caracterízanse por ter un ciclo reproductivo que atinxe tanto ás augas continentais como mariñas. Así, os peixes anadromos remontan os ríos en dirección ao seu nacimento para reproducirse, as crías, despois dun certo período de tempo que varía segundo a especie, retornan ás augas mariñas, onde se tornarán adultos e agardarán a que os seus instintos reproductores os obriguen de novo a retornar ás augas doces que os viron nacer.

Esta realidade biolóxica atopa un obstáculo insuperable nas obras hidráulicas construídas polo home para a obtención de enerxía. No caso ourensán, esta realidade tornouse especielmente palpable durante a ditadura franquista, xa que nese escuro período da historia do noso país se construiron a maioría dos encoros ourensáns, aínda que a tendencia a encorar as augas dos ríos ourensáns continúa hoxe en día.

A continuación imos a enumera-las especies de peixes de distribución histórica comprovada na provincia de Ourense. Apuntamos como data de extinción definitiva o ano 1970, xa que nesa data se construiu no río Miño a presa de Frieira, muro de 37 metros de altura que impediu para sempre o remonte das especies anadromas dende a provincia de Pontevedra hacia a de Ourense. Con anterioridade á construcción indiscriminada de presas, sen remontes efectivos para permitir a viaxe das especies migradoras de peixes, os anadromos remontaban os ríos ourensáns chegando incluso a provincias veciñas coma León ou Lugo.

Especies de peixes extintas na provincia de Ourense:

Lamprea mariña (Petromyzon marinus).
Sábalo (Alosa alosa).
Saboga (Alosa fallax).
Salmón europeo (Salmo salar).
Reo ou troita marisca (Salmo trutta trutta).

Asemade existen certas especies de peixes, migradoras tamén, con citas históricas no Baixo Miño, pero sin referencias específicas para a provincia de Ourense, pero que cremos que puideron estar presentes nela debido aos seus requerimentos de hábitat.

Especies de peixes con posible presenza histórica na provincia de Ourense:

Lamprea de río (Lampreta fluviatilis).
Lamprea dos regatos (Lampreta planeri).
Esturión ou Sollo (Acipenser sturio).

11 comentarios:

  1. Os grandes esquecidos polos naturalistas galegos, Alberto.. Moi oportuna e necesaria esta entrada.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Xabi, verdadeiramente tamén eu teño que entonar o "mea culpa" no tocante á atención que lle presto á ictiofauna ourensá.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Case mais preocupante e a cantidade de peixes aloctonos que ocuparon o lugar desas especies que desapareceron, e a lista continua a medrar.

    ResponderEliminar
  4. Podes meterme a mín tamén no "lote" dos que non prestamos atención ás escamas acuáticas.

    ResponderEliminar
  5. Nada de adiantar capítulos, que me destripas a peli!

    Un saudo.

    ResponderEliminar
  6. Eu tamén estou con ASHEGA no tocante aos peixes alóctonos.
    Nota: Coño, César!!, asina as mensaxes doutra maneira máis específica, que ASHEGA semella o nome dun virus mortal ou mesmo dun partido político GAlego.
    Os ornitólogos sonche bastante máis concretos...(aí estou con eles, a verdade..)
    Un abrazo
    AORNIFROUXABI

    ResponderEliminar
  7. Jasús! jaaja, teremos que ir buscando vacunas para estes virus?...

    ResponderEliminar
  8. E o alzheimer xuvenil, entre encher o do perfil, a mensaxe, e despois a coña esa de control, xa non me lembro de asinar..
    Asi que mais capitulos eh?, pois iso si que vai ser unha de terror..

    Ceeeesar

    ResponderEliminar
  9. Xuvenil???????, neno eu penso que de metamórfico xa pasas!

    jajajajaja.

    ResponderEliminar
  10. Hola Alberto:Soy seguidora tuya de hace bastante tiempo por el cual te felicito
    Pero me gustaria hacerte una `pregunta de siseño de blog,viendo tus entradas ,estando el fondo negro son blancas¿Me podrias decir como lo haces'
    Abrazos Victoria

    ResponderEliminar
  11. Hola Victoria, un placer ciberconocerte!

    Pues la verdad es que no lo sé, simplemente en su día escogí la plantilla y por defecto sale así.

    Cuando escribo las entradas solamente cambio el color de las frases que quiero destacar, poniendo la letra en rojo.

    De todas maneras en el cuadro dónde escribimos las entradas, en la parte superior, tienes las pestañas para escoger el tipo de letra, aplicar el corrector ortográfico y el color de la letra, prueba así.

    En caso que no obtengas el resultado que buscas trata de cambiar la plantilla, picando en diseño tienes otra pestaña que te permite cambiar el diseño del blog por completo, ahí también puedes escoger el color no solo de la letra de entrada, sino también el del título de los enlaces, el de los gagests, o, el del título de la entrada.

    Espero haberte servido de ayuda.

    ResponderEliminar