COLEGAS

miércoles, 24 de junio de 2015

Águia peixeira no encoro das Portas.

O pasado día 22 de xuño de 2015 e na compaña de David, foi observado un exemplar de águia peixeira (Pandion haliaetus) no encoro das Portas, situado no concello de Vilariño de Conso, en pleno corazón do macizo central Ourensán.

A águia peixeira é unha ave rapaz que, como o seu propio nome indica ten unha alimentación básicamente baseada na captura de peixes, tamén outros animais acuáticos aínda que en menor medida. 

A poboación nidificante española leva anos en perigo de extinción e mesmo chegou a extinguirse como nidificante na parte continental da Península Ibérica nos anos oitenta do século XX. Recentemente, mediante un proxecto de reintroducción varias parellas asentáronse en hábitats fluviais de Andalucía.

Proxectos similares foron postos en marcha en diversos países de Europa occidental, algúns deles con bastante éxito. Esta poboación do Norte da Europa é migradora, a diferencia da poboación nidificante española, asentada nos arquipélagos balear e canario que é principalmente sedentaria e mariña.

Co aumento da poboación nidificante europea produciuse un paulatino aumento das observacións da especie na Galiza, tamén en augas interiores, neste último caso principalmente concentrada nos encoros da cunca Miño-Sil. Co paso dos anos a observación da especie tornouse regular coa observación incluso de exemplares non reproductores fora do perioda de invernada ou migración estricto. E observándose exemplares na maior parte das cuncas fluvias da provincia, como a do Limia ou a do Douro.

Parece ser este o caso do exeplar observado do encoro das Portas que, pousado nunha torreta de alta tensión, parecía agardar o momento oportuno para un novo lance de pesca, nun encoro situado entre serras que superan os mil metros de altitude. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario