A bisbarra de Monterrei, o val do Támega, pasa por ser a comarca galega con maior número de especies de hérpetos (anfibios e réptiles). Esta riqueza, poucas veces valorada, fai deste lugar do mundo un dos máis interesantes para herpetear.
Nas imaxes temos un curioso réptil, que non por común deixa de ser interesante, o escáncer tridáctilo (Chalcides striatus), que debe o seu nome aos tres dedos que posúe en cada pata, moi reducidas e, na práctica afuncionais. Trátase dun réptil frecuente na Galiza e na nosa provincia, sobretodo nos prados de sega, cada dia máis escasos. Aparece asemade en zonas herbáceas e de monte baixo, e en zonas especialmente secas parece procurar a humidade da proximidade dos regatos.
O exemplar que vos presentamos nestas imaxes foi fotografado o pasado día 23 de xuño de 2015 en terreos do concello de Monterrei, en pleno val do Támega. Pódense apreciar as rudimentarias patas das que famamos anteriormente. O escáncer, como a gran maioría dos réptiles da Galiza, é totalmente inofensivo, e imprescindible para o correcto equilibrio do noso ecosistema.
Muy interesante hay que cuidar el ecosistema mucho mejor
ResponderEliminarMuchas gracias....
ResponderEliminar