Como xa dixemos en outras ocasións, o Val do Támega pasa por ser a zona herpetolóxica por escelencia da Galiza, unha bisbarra que agacha amaior concentración de especies de anfibios e réptiles da nosa nazón.
Unha das especies que forman parte da comunidade herpetolóxica do Val do Támega é a serpe riscada ou de escada (Rhinechis scalaris). Un ofidio de tamaño medio e carácter mediterráneo que debe o seu nome ás súas características cromáticas segundo a idade do animal que estexamos a observar. O nome de serpe riscada debémosllo ás características cromáticas dos exemplares adultos, como o das imaxes, que posúen tonos pardos xeneralizados con dúas riscas escuras lonxitudinais e paralelas ao longo do corpo. O nome de serpe de escada ou escaleira ven dado polas características dos exemplares xuveniles e subadultos, que posúen riscas paralelas transversais ás riscas dos adultos, que foman un debuxo similar a unha escada de man.
Nas imaxes podedes observar un exemplar pertencente a esta especie atopado o pasado día 23 de xuño de 2015 en terreos pertencentes ao concello de Monterrei, situado en plano corazón do Val do Támega. Os ollos esbrancuxados que lle confiren a este animal un certo aspecto pantasmal, son debidos a que o exemplar en cuestión atópase en pleno proceso de muda.
A serpe riscada ten unha distribución máis ou menos xeneralizada na provincia de Ourense, sendo un ofidio frecuente, especialmente nas bisbarras de maios influenza mediterránea. Serpe de caracter, trátase dun reptil totalmente inofensivo para o ser humano, e especialmente beneficioso para agricultura, xa que se alimenta principalmente de roedores e outros micromamíferos. Razón pola cal tamén é coñecia co nome de cobra rateira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario