COLEGAS

sábado, 31 de agosto de 2013

Voluntariado de Amigos da Terra no centro ambiental de As Corcerizas.

Un grupo de activistas da asociación ecoloxista Amigos da Terra organiza a vindeira fin de semana, dende o 6 ata o 8 de setembro unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas, na serra de San Mamede: recollida de leña, limpeza do monte, protección de árbores, e para completala xornada conpartindo experiencias, organizaráse un cursillo de auto cultivo de setas.

O aloxamento no albergue será gratuito, así como o almorzo. Os participantes terán que levar a comida do sábado e o domíngo, asi como unhas verdurillas para a cea do sábado, co fin de acompañar a pasta e o arroz que porá a asociación.

A chagada será o venres ás 18:00 h e a saída o domingo pola tarde.

Se queredes participar nesta actividade debedes enviar un correo ou chamar por telf á oficina da asociación en Ourense.

correo: www.voluntariado.galicia@amigosdaterra.net 

teléfono: 988 374 318

Ahí xa contactarán con vós para ultimar detalles.



 


viernes, 30 de agosto de 2013

Unha toupa cega en Punxín.

A toupa cega ou ibérica (Talpa occidentalis) é unha especie insectívora de hábitos soterráneos endémica da Península Ibérica. En Ourense e en Galicia é a única especie de toupa que podemos atopar. Aínda que en outros puntos de España tamén aparece a toupa común ou europea (Talpa europaea).

Durante anos a toupa ibérica foi considerada unha subespecie de Talpa caea, hoxe relegada á antiga Yugoslavia, razón pola cal gran parte da súa bioloxía segue a ser un misterio, xa que apenas existen datos ou estudos que esclarezan claves tan elementais como a esperanza de vida, a territorialidade, as relacións sociais ou o número de crias por camada.

Razón esta polo tanto para romper unha lanza en favor desta denostada especie que está a ser perseguida e eliminada sisteméticamente dos campos de cultivo, ben sexa directamente mediante a caza ou a colocación de trampas (comercializadas en calquera ferretería), ou ben indirectamente, mediante a utilización indiscriminada e pouco responsable de produtos fitosanitarios.

A toupa pasa por ser un dos mamíferos máis útiles para a agricultura, polo control que exerce sobre certas pragas que poden afectar aos cultivos.

Nas imaxes un exemplar atopado recentemente en hortas da cunca do río Barbantiño ao seu paso polo concello de Punxín.

Ei de dicirvos tamén que o exemplar que vos amoso me parece algo fuciñudo comparado coas toupas que teño visto até o momento, detalle que me chamou a atención, non sei que opinades vós.






jueves, 29 de agosto de 2013

Exposición sobre a problemática dos incendios forestais.

Como sabedes, dende hai case dous anos, este que vos escribe está a traballar no Centro Social Cultural Cristo Rei, no barrio das Lagoas da cidade das Burgas. Traballo que, como tamén sabedes aqueles que me coñecedes millor, absorbve gran parte do meu tempo.

Dende hai uns meses das paredes da cefetería do centro social, colgan uns paneis informativos sobre a problemática dos incendios forestais en Galicia, tristemente de actualidade nos derradeiros tempos. Esta exposición é cortesía de Santos, presidente da asociación ecoloxista Amigos da Terra, e convidámosvos a todos a vela.

















martes, 27 de agosto de 2013

Herpeteando na Aula da Natureza do río Miño.

Como cada ano a Aula da Natureza do río Miño está a organizar as súas actividades de verán para os cativos da cidade. Hoxe tocou un día adicado aos anfibios e réptiles, que por desgracia non fixeron a súa aparición a excepción dunha muda de cobra de auga de colar (Natrix natrix), e nos tivemos que conformar cn algún que outro insecto e un pequeno niño de paporrubio abandoado, tedes as imaxes da actividade pinchando aquí.

Deixovos un par de imaxes dunha pequena mantis relixiosa que atopamos polo camiño.



lunes, 26 de agosto de 2013

A Pomba doméstica, un eslabón da cadea urbana.

Seguro que moitos de vós lle destes de comer máis dunha vez, seguro que a algún de vós tivo algún percance algunha vez cos seus excrementos, sen embargo seguro que moitos de vós aínda vos estades preguntando si realmenteson salvaxes ou non as pombas das nosas cidades.

A resposta non é fácil, xa que a maioría das pobas domésticas urbanas non son nin totalmente salvaxes nin totalmente domésticas, son cimarronas, o cal quere dicer que son animáis domésticos total ou parcialmente asilvestrados.

A orixe da pomba doméstica (Columba livia var. domestica) é un descendente doméstico da pomba brava (Columba livia). A pomba brava era en orixe un ave rupícola propia dos cantís costeiros e interiores. Nun momento dado a pomba brava debeuse aproximar aos primeiros asentamentos humanos na procura de refuxio e alimento fácil, e así hai xa milleiros de anos, a pomba foi domesticada como fonte de alimentación e aves para envialos mensaxes (mediante as coñecidas como pombas mensaxeiras).

Na nosa provincia a pomba doméstica é unha aves frecuente en pobos, vilas e cidades, e en algunhas delas aínda se cría para comelos pichóns. Pola ontra, a ponba brava, hoxe casi indistinguible da súa parente doméstica, parece que non pasa polos seus mellores momentos, e non atopamosen Ourense poboacións que parezan 100% puras. Aínda así podería quedar algunha poboación parcialmente pura nos Parques Naturais da Serra do Xurés ou da serra da Enciña da Lastra, e certos puntos da Ribeira Sacra ou o Macizo Central



.

Con todo a pomba doméstica pasa por ser unha das aves máis frecuentes das poboacións ourensáns, e aínda que non de todo silvestre, podemos dicir, pese ás molestias que en ocasións pode ocasionar, que se trata dunha das bases tróficas dos depredadores urbáns, sendo esencial para a supervivencia de certas especies de aves rapaces, coma o falcón peregrín (Falco peregrinus), ou o gavilán (Accipiter nisus) e o azor (Accipiter gentilis), sobre todo cando estamos a falar de poboacións urbanas destas últimas.

Na imaxes unhas cantas pombas domésticas de librea próxima a variedade salvaxe fotografadas na cidade de Ourense.





martes, 13 de agosto de 2013

A lagartixa dos penedos, novo endemismo do Noroeste peninsular..

Durante moito tempo ao falar da lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), comantamos que estabamos a agardar que os científicos se puxeran de acordo co número de especies que en realidade forman esta superespecie. Algunhas delas xa parecen que están a dar a cara, e agora parece que temos un novo endemismo do NO peninsular. A lagartixa dos penedos desta zona será coñecida científicamente como Podarcis lusitanica, e terá cando menos duas subespecies aínda por nomear. Así de agora en adiante cambiaremolo nome científico da especie no blogue.

En canto teña maior información ireivos pasando datos. Agora contareivos que non pillei a cámara finalmente, así que me irei de vacacións coa compacta e a ver que pasa, á volta sopesarei os pros e os contras das cámaras que vin hoxe, pero creo, despois de falar cun colega, que retomarei as refles, desta volta unha Canon, a ver que pasa. Durante o que queda de semana estarei inactivo, verémonos de novo o luns cando volte desta escapada.

Namentras deixovos estas imaxes da "nova" especie que estivo sempre on nós, a lagartixa dos penedos, en Punxín.










Deica!

lunes, 12 de agosto de 2013

Rato toupeiro lusitano en Ourense.

Rato toupeiro é o nome xenérico que en certas partes de Ourense se usa para denominar unha sorte de roedores de hábitos soterráneos e cavadores coñecidos en castelán co nome de "topillos" e noutras partes de Galicia co de "corta".

Desta volta agardo que disculpedes a escasa calidade das imaxes pero na última pequena gran viaxe quedei sen cámara reflex, miña coitada xa bastante durou!, e agora téñome que conformar co resultado cunha pequena compacta, mañá mesmo teño pensado por solución a este tema coa merca dunha nova cámara, creo que me dacantarei por unha semireflex, visto o resultado amosado polo colega Xabi Prieto no seu blogue.

Aínda así este animaliño non parecía moi pola laboura de deixarse fotografar así que fixen o que se pudo, con todo as cutre fotos servirannos de escusa para falar dunha nova personaxe desta fauna vertebrada nosa.

O rato toupeiro lusitano ou corta dos prados (Microtus lusitanicus), é un pequeno arvicolino endémico do Norte e Oeste da Península Ibérica, e unha pequena zona da fachada atlántica francesa. A zona que nos ocupa, Ourense, está habitada por unha subespecies propia do Norte da súa área de distribución, denominada M. l. mariae. De hábitos soterráneos, ten unha maior actividade superficial que outras especies emparentadas con él.

Atoparedes ao rato tupeiro lusitano en prados húmidos próximos ao punto de saturación aínda que non asulagados, dende o nivel do mar até a montaña, sendo unha especie abondosa e ben distribuida, base da alimentación de pequenos mamíferos carnívoros e aves de rapina nocturnas e diurnas.

Nas imaxes un rato toupeiro lusitano fotografado na ribeira ourensá do río Barbantiño na tarde de onte.


viernes, 9 de agosto de 2013

Sapos con nocturnidade e alevosía.

A noite é un momento máxico no que todo parece ser posible, as animas espertan do seu letargo e camiñan polas corredoiras á procura de descanso. Todos as animais do maxín galaico os trasgos, as meigas e as fadas, festexan con cantigas a morte momentánea do astro rei.

Neste contexto de maxia e misterio, atopan tamén os naturalistas parte da súa laboura recompensada, xa que son moitos os seres vivos que fan da noite o seu fogar. As noites de primavera, lixeiramente chuviosas pero xa con certa temperatura, son idóneas para sair ao campo a pescudar anfibios, que coma op sapo cunqueiro (Bufo bufo), fan a súa vida principalmente pola noite.

Nestas imaxes, uns cantos sapos cunqueiros da ribeira nocturna do río Barbantiño, un lugar especialmente idóneo para a observación de anfibios.