COLEGAS

sábado, 15 de noviembre de 2014

A BESTA DA RAIA: O LOBO CERVAL NAS SOMBRAS DO SÉCULO DAS LUCES.

"A civilización é simplemente unha serie de victorias sobre a natureza"- Willian Harvey- (1578-1657)- Médico Inglés.

 

Como sabedes algúns dos que me coñecedes o lince, o queixa ou lobo cerval (Lynx sp.) é sin dúbida o meu animal totémico, e un dos seres que me marcaron persoalmente hai xa uns anos. a día de hoxe, algunhas das entradas máis lidas deste blog seguen a ser os dedicadas tanto ao lince ibérico (Lynx pardinus) coma ao lince boreal ou queixa (Lynx lynx). Esta entrada abre un novo período de pescuda de información sobre a historia dos grandes felinos do noroeste peninsular, que en breve se ampliará con novas informacións que estamos a pescudar neste senso. Polo de agora vouvos amosar unha historia protagonizada por un gran felino que no ano 1760 atemorizaba ás xentes da raia. A "raia" é un termo coloquial moi utilizado en Ourense para referirse ás terras fronteirizas dun e doutro lado da fronteira con Portugal. Esta historia foi desvelada polo naturalista José Piñeiro, e tendes toda a info neste enlazamento. "EL LOBO CERVAL: NOTAS ETNOGRÁFICAS"

O século XVIII foi unha época convulsa en todo o occidente europeo, a aparición do movimento coñecido como A ILUSTRACIÓN, e a súa progriva extensión polo continente, viña a por en tela de xuízo á CASTA absolutista dese periodo. A ilustación é un movimento político e cultural que tivo especial incidencia na Franza e Inglaterra desenrrolándose entre o final do século XVII e a Revolución Francesa. A ilustración definiu un período histórico denominado o século das luces, así denominado pola clara determinación de sacar á humanidade das sombras da idade media e moderna, iluminándoa coas luces da razón. Un dos máis descatacos personaxes ilustrados da época na Galiza, e en toda España, foi o Pai  Martín Sarmiento, erudito e escritor benedictino (1695-1772).

Durante o século das Luces producíronse no occidente europeo, Franza, España, Portugal, Inglaterra, etc, unha serie de acontecimentos que ían a por de manifesto que nos atopabamos perante un cambio de ciclo, que a casta ou clases poderosas da época tratarían de capear. En breve, e a través destas verbas, seguro que atoparedes fortes similitudes coa actualidade máis candente. Pero vaiamos por partes, por que o asunto que estamos a abordar neste intre esixe unha certa concentración para chegar a conclusión máis ou menos claras, xa que neste intre imos a facer comberxer mundos aparentemente inconexos. A criptozooloxía, a historia natural, a historia contenporánea, a política, a etnografía, a mitoloxía e a bioloxía.

En ocasións a criptozooloxía aborda feitos históricos dunha maneira aillada e sensacionalista sen ter en conta o período histórico no que se producen nen  as crenzas mitolóxicas e culturais das xestes que as protagonizan, un claro exemplo deste feito é o caso da Besta de Gèvaudan, un carnívoro  antropófago que asolou terras francesas neste mesmo período histórico, e que ao meu entender agocha un asasino en serie da alta aristocracia gala da época, que se valía para capturar ás súas vítimas de cans adestrados con fines bélicos. E digo ben, por que elgunhas das razas hoxe coñecidas coma cans de presa, foron hai séculos utilizadas no fronte de batalla coma unha arma máis. Pero vaiamos directamente ao miolo da cuestión.

Alá polo ano 1760 unha sorte de besta estaba a rematar coa gandeiria da zona hoxe denominada "Eurocidade Chaves-Verín", en poucos meses centos de cabezas de gando, principalmente ovino, desapareceron dun e doutro lado da fronteira galaico-portuguesa ourensá. Non debemos esquecer que na Galiza do século XVIII, eminentemente rural, de un millón e medio de persoas, apenas cenmil vivian en núcleos urbanos, existían crenzas de orixe céltico que convertías aos grandes carnívoros en seres mitolóxicos, case máxicos. Estas crenzas, eran comúns a toda fachada atlántica europea e tiñan como protagonistas tamén a un ser mitolóxico denominado can ou lobo negro, unha pantasma zoomórfica da que falaremos noutra ocasión. 

Durante séculos as castes poderosas foron alleas ao sufrimento humano e á súa problemática, pero a chegada do século das luces, onde as castas estaban fortemente contestadas fixeron que tomases medidas moitas veces esaxeradas e extralimiadas, perante problemas que noutro tempo non terían sido solucionados.

Así perante á situación que estaba a acaontecer na fronteira, seguramente protagonizada por cuatreiros, que aínda hoxe actúan na mesma zona, a casta ía tomar medidas, e tamén un chivo expiatorio, o lobo cerval, denominación habitual na época para referirse ao lince. 

Así nese tempo o gobernador da vila Portuguesa de Chaves, ía reclutar a cifra de 12000 homes para acabar co tan temido lobo cerval deborador de ovellas, e non contento con isto, escribiralle ao gobernador de Monterrey (por aquel entón capital administrativa do Val do Támega galego), reclamándolle a participación de 1000 almas galegas para a encomenda da famosa captira da "Besta da Raia". Feito ao que o gobernador de Monterrei accedeu. Este feito provocou o enfado do noso ilustrado Martín Sarmiento, que por esa época escribe: "No hago más que cagar papeles. Todos los quieren y ninguno los quiere copiar. Así se me quita la gana de tomar la pluma. Sobre la fiera de la raya de Portugal tengo escritos seis pliegos, dando individual noticia de otra semejante que un pastor mató junto a San Pedro de Montes y cuya uña me remitieron. Es el que algunos llaman tontamente en Galicia tigre . Sus 4 nombres gallegos son lobo cerval, lobo rabaz, lubián y lobezno . Carta 104 1760, agosto, 13." 

Así o resultado desta operación militar, desta guerra ao lince, foi a morte dunha persoa dos participantes, un cabalo, sete raposos, e dous lobos ibéricos, chamados asnais polos portugueses, pero nin rastro da hipotética besta, eso sí, ante tal presenza militar na zona, os ataques ao gando desapareceron misteriosamente, quezáis por que o seu verdadeiro protagosnista non foi o chivo expiatorio que escolleron, o lobo cerval ,senón lobos de duas patas. eso sí, a contestación por parte da casta da época tiña que ser desproporcinada, para que o populacho vise que realmente miraban polos seus intereses.

Coma noutros casos, moitas das falcatruadas adxudicadas aos carnívoron antes, durante e despois deta data, foron seguramente protagonizadas por homes, e eu me pregunto, cantos asasinos en serie e ladróns provocaron o medo entre as xestes do pobo, que debido ás súas crenzas populares e mitolóxicas se negaban a crer que as súas desgracias eran protagonizadas por outro home. Se Romasanta non fose descuberto, seguramente hoxe en día estariamos a falar non dun asasino en serie, senón dunha besta mitolóxica, prehistórica e antropófaga que comia xente no macizo central Ourensán. Exactamente nos mesmos termos que se está a falar da besta de Gèvaudan, cuio asasino en serie nunca foi detido, e con respecto a esta besta hai que falar algo da victimoloxía. As víctimas deste inc¡fernal ser eran sempre mulleres novas ou nenos, que aparecían limpamente degolados, violados e sen coiro cabeludo, é dicir, o sasasino en serie era, pedereasta, violador e fetichista, non digo máis. Moitos destes casos acontecidos en diferentes épocas, forn atribuidos a diferentes carnívoros, principalmente ao lobo (Canis lupus), ou derivados seus, é dicir, lobos negros, lobishomes, etc, condo en realidade estaban a ser protagonizados por pesoas. Este feito levou á persecución encarnizada do lobo e o resto dos carnívoros até a súa práctica extinción do continente europeo.

Neste momento, cunha conciencia global máis ecolóxica, cunha sociedade radicalmente diferente, urbana, e cun rural en proceso de despoboamento, o lobo volta a ser protagonista, volve a estar no punto de mira da clase poderosa, da CASTA, xa non é un lobo, é un chivo expiatorio da situación de desprotección e desmantelamento do rural, da que esa mesma Casta é a responsable, e agora, trescentos anos máis tarde, atopámonos na mesma situación, facemos batidas de lobos e eliminamos depredadores, para agochar as miserias de políticos e sindicalistas incompetentes, para agochar a prodemis que se agocha perante os nosos ollos, e que se materializa, unha ves máis nos nosos medos máis ancentrais, na nosa mitoloxía celta, que tiña coma tabú aos nosos carnívoros. Este tabú, terá que pasar a formar parte dos tempos do seguinte xeito, a CASTA deste país é un tabú, e a personificación mesma do demo, o seu nome non debe ser pronunciado por que pode vir e levarte con él ao inferno. Namentres eu me quedo cos lobos, cos lobos cervais e cos osos, comen menos, rouban menos, matan menos, son mellores.

 






No hay comentarios:

Publicar un comentario