Co gallo da celebración do Día Mundial dos Humidais
(que é propiamente o día 2 de febreiro) Aula da Natureza do Río MIño
(Concello de Ourense)realizaremos en colaboración con Amigos da terra
un pequeno percorrido pola marxe dereita do río, saindo dende a pasarela
de Outariz e que rematará na localidade de Untes, que servirá para
iniciarse na observación de aves propias de entornos lacustres ou
fluviais e que será guiado polo naturalista ourensán Alberto Rivero.
Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de aves, se dispoñen deles.
Non é preciso inscribirse previamente. Rogamos puntualidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario