COLEGAS

miércoles, 31 de agosto de 2011

Pequenos sapoconchos ourensáns.






"A vida é un manancial de goces, pero onde a canalla deixa envelenadas as fontes"- Friedrich Nietzsche (1844-1900)- Filósofo alemán.

En primeiro lugar quixera agradecer o voso interés na identificación do sapoconcho que onte amosamos neste blogue, o misteiro está a piques de solucionarse, pero antes teño que aclarar os cambios sistemáticos acontecidos en herpetoloxía para denominar definitivamente á especie.

Na mentras achégovos uns novo habitantes desta a miña cidade de Ourense, que amosa a reproducción do que parecen ser , esta vez sí, Trachemys scripta, ou similar, eu me inclino desta volta por un híbrido entre dúas das subespecies de Tachemys scripta scripta x elegans.

Debido a que se comercializaron exemplares de varias subespecies de sapoconcho americano (Trachemys scripta), tamén varias acadaron a liberdade, ao reproducirse entre sí, xa no medio natural, é relativamente frecuente que atopemos híbridos na Depresión Ourensá.

De tódolos xeitos, sigo amosándome prudente con estes pequerrechos e digo o de Trachemys coa boca pequena, e disposto a rectificar se é preciso. Un forte saúdo de novo, e de novo, moitas grazas.

martes, 30 de agosto de 2011

O misterioso sapoconcho do río Miño.






















Olá amigos e amigas de Fauna vertebrada de Ourense, diríxome hoxe a vós, non para informar, senón para pedir información, xa que nos derradeiros tempos non parezo moi acertado, antes de metela zona prefiro ser prudente e colgar un interrogante neste blogue.



Fai días que veño vendo un sapoconcho nas pedras do treito máis urbán do río Miño, armado de paciencia, e con moita curiosidade ás costas, achegueime paseniño para tratar de identificar ao quelonio, parece que non fun o único, xa que un bilurico que por alí andaba tamén se achegou a ver quen era o novo veciño.


Repasadas as guías, a memoria e a paciencia, sigo sen ser capaz de identificalo becho, así que o deixo aquí uns días para ver se entre todos damos desvelado o misterio.


En principìo podería ser unha Trachemys ou similar, provablemente soltada por alguén, pero tampouco se pode descartar algunha outra especie (Mauremys ou Pseudemys) tamén obxeto de comercio nos derradeiros tempos. A ver que dicides....

viernes, 26 de agosto de 2011

O lobo e o carneiro...










Quizáis sexa hoxe en día dificil de localizar un lobo no Ribeiro, quen sabe, ao mellor aínda hay algún...Sen embargo esa realidade non foi sempre así, e houbo un tempo no que os lobos ouleaban na terra do viño.


O lobo foi sempre un animal temido e admirado a partes iguais na vello continente, perseguido como o máis feroz inimigo, pero tamén adorado coma un totem, coma un símbolo de poder sobrehumano.


A chegada do cristianismo, e a súa simboloxía sacra, faría do lobo un tema recurrente no románico, arte simbólico onde os haxa, tomou ao lobo como a imaxe do diaño en numerosas ocasións. Este feito aparece moi relacionado cun dos símbolos usados para a ilustración do propio Xesucristo, que soe ser o carneiro. A utilización do carneiro na simboloxía románica, denominado "agnus dei", ou o que é o mesmo o año de Deus, parte das parabras atribuidas a San Xoan: "Este é o año de Deus...". Así o carneiro ou agnus dei preside e aparece reiteradamente nas igraxias románicas galegas coma símbolo de Cristo.


A antítese entre o carneiro e o lobo (con gran fama de depredador de ovellas), non se fixo agardar, e o lobo apareceu entón coma o antónimo do año, Deus frente ao diaño, aparecendo representado en gran parte das igrexas románicas ourensás.


Unha das representación máis logradas do románico da bisbarra do Ribeiro atopámola na igrexa románica de San Xoan de Ourantes (Punxín), construida entre os séculos XII e XIII. Na porta lateral atopamos a contraposición do carneiro fronte ao lobo, representado con fera adtitude, e fácilmente recoñecible. Será entón este lobo románico o derradeiro lobo da contorna...? un lobo mudo testemuña histórica da persecución dos seus conxéneres de carne e osos.

miércoles, 24 de agosto de 2011

Entre vellas pedras xorde a vida...






















Chegamos a Leiro, unha vila medieval e históricamente rica a causa do viño, viño sacado das uvas producidas polas vides regadas e protexidas por un río, o río Avia. Un río cruzado por unha ponte, medieval, disque con unha tráxica historia ás costas, de morte e tristeza. Unha ponte, sin dúbida, tesouro artístico de incalculable valor e beleza.

Disque esta ponte foi testemuña de numerosos suicidios, sexa como sexa hoxe a historia e ben disferente, e este monumento axúdanos a cruza-lo río para acceder a un pequeno núcleo de poboación de clara influenza medieval, con pequenas rúas a casas cheas de historia, de pedras cheas de vidas.

Como xa dixemos, baixo esas pedras un río, tamén cheo de vida, de aves, de peixes e, como non de anfibios. Entre eles unha rá verde ibérica (Pelophylax perezi) e un pequeno sapo cunqueiro (Bufo bufo) recén metamorfoseado, como vedes riqueza histórica e natural da man dun val que salvagarda non só a agricultura, senón tamén a natureza...

martes, 23 de agosto de 2011

O pequeno cobregón no Barbantiño.



Quizáis nado neste mesmo ano, este pequeno cobregón (Malpolon monsoessulanus) está destinado a ser un dos maiores réptiles da nosa provincia. Namentras os escasos 15 cm que posúe actualmente non acadan superar o metro e medio de lonxitude ou máis que pode chegar a medir, terá que sortear numerosos perigos.


Entre os perigos principais estará non morrer atropelado, xa que o cobregón é unha das epsecies de réptiles que máis padece este problema na nosa provincia. Asemade terá que sortear o odio e ánima adversión que provoca en certas persoas, que tratan, por tódolos medios de eliminala. E por se isto fora pouco, dos depredadores, e os lumes...unha vida intensa chea de perigos.



O cobregón, tamén chamado cobra rateira pola súa alimentación, de adulto, basa gran parte do seu sustento en roedores (curioso...se algún o soupera o pensaría dúas veces antes de matala).

Esta pequena cobra rateira, vive aínda nas cercanías do río Barbantiño, nos límites dos concellos de Punxín e Ourense, unha vida que de momento terá por fin a captura de pequenos insectos e algunha lagartixa para tratar de chegar a ser o maior de todos, e escalar posicións na complicada pirámide trófica.

viernes, 19 de agosto de 2011

Un sapo a carón do Barbantiño.











Xa falamos nos derradeiros tempos da riqueza herpetolóxica dun punto moi concreto da Depresión Ourensá, como é a cunca do río Barbantiño, que pasa por ser unha das mellor conservadas da zona. Este feito, unido ás características propias da bisbarra, como a climatoloxía, fai da zona un lugar privilexiado para a prospección.


Non embargante, en ocasións, as sorpresas non veñen pola especie en cuestión atopada, senón pola beleza do exemplar hachado nesta ocasión. Así amósovos o que ao meu entender é un dos máis belos sapos cunqueiros (Bufo bufo) de entre os que me teño atopado.


Como vedes en ocasións os máis comúns animais poden ser tamén os máis peculiares...

jueves, 11 de agosto de 2011

Outra de Gatos...o gato e o rato de campo

































Hoxe vou reincidir no tema dos gatos domésticos, fai pouco falabamos da incidencia das poboacións cimarronas (ou asilvestradas) de gatos domésticos na fauna urbana. Ben, non son só os gatos asilvestrados os que inciden nas poboacións salvaxes de animais, senón tamén os domñesticos, incluso os ben mantidos.



Desta volta amósovos unha secuencia de imaxes nas que un gato doméstico captura un rato do campo (Apodemus sylvaticus), estas imaxes, que por unha banda amosan parte da función intríonseca pola que o home domesticou ao gato, non terían máis sona de non ser polos antecedentes que esta especie, fiel compañeira do home, ten na historia. Así, por exemplo soe dicirse que o gato puido remediar incluso períodos de fame a certas civilizacións (por exemplo á exipcia onde os gatos eras adorados coma deuses, e mesmo momificados) ao impedir que os roedores acabaran coas reservas de alimentos do home.


Sexa como fora a historia do gato tamén ten capítulos escuros, non pola maldade da especie, senón polo uso que o home fai en ocasions das especies das que se considera dono, vouvos polo tanto a contar agora unha historia.



Corría o ano 1895, por aquel entón Lionel Walter Rothschild cataloga unha nova especie para a ciencia a carriza de Stephens (Xinicus lyalli), este pequeno paxaro, incapaz de voar, vivía exclusivamente na illa de Stephens, situada entre as duas illas principais de Nova Zelandia. O señor Lionel describiu a especie en base aos exemplares que lle enviou D. Lyal, fareiro da illa, a quen lle adicou a especie. Os trece exemplares que se coñecen son os que cazou o gato do fareiro, a quen se lle responsabiliza da extinción desta especie, que ao non poder voar, foi presa fácil para o avispado felino. Sábese asemade que a especie estaba presente nas illas princiapais, pero extinguiuse coa chegada dos primeiros polinesios, que trouxeron consigo as primeiras ratas.



Triste historia que nos amosa como un pequeno xesto , en ocasións carente de malas intencións, pode traer consigo consecuencias terribles para un ecosistema fráxil. Sen ánimo de ser catastrofista, deíxovos as imaxes deste gato e este rato, que coincidirón, quizáis por desgracia, nun momento e nun lugar a cabalo entre os concellos de Ourense e Punxín.

miércoles, 10 de agosto de 2011

Furafollas ibérico: un pequeno tesouro ourensán.










































O furafollas ibérico (Sorex granarious) é un endemismo ibérico propio da metade occidental da Península, amplamente distribuido pola nosa provincia, existe unha especie moi similar asentada no cadrante montañoso oriental (Sorex coronatus), ambas especies son de dificil distinción senón acudimos a análises xenéticos.





Neste caso atopámonos perante a un exemplar que quedou atrapado accidentalmente nunha piscina seca perto do límite entre os concellos de Punxín e Ourense, unha zona que está amosando ser unha das máis interesantes para achegarnos á biodiversidade da Depresión Ourensá.





Os furafollas son pequenos mamíferos insectívoros de aspecto semellante aos ratos pero que pouco teñen que ver con eles excepto a súa similitude corporal. Cando vemos un furafollas estamos vendo un mamífero primitivo, moi similar aos primeiros mamíferos existentes, que agardaban a oportunidade de conquistalo mundo entre as patas dos dinosauros.





Este exemplar foi rescatado e posteriormente liberado, quizáis cando chegue á casa teña unha grata historia que contar...

viernes, 5 de agosto de 2011

Unha carpa no lixo: reflexión sobre as invasoras.







Recentemente espertamos ca publicación do novo catálogo español de especies invasoras, dito catálogo non está exsento de polémica, debido maiormente a notorias ausencias, coma a do cangrexo de río americano.



No tocante á provincia de Ourense, xa son cuantiosas as especies de animais e prantas alóctonas que se teñen instalado na nosa terra nos derradeiros tempos. Moitas delas quedarán xa para sempre, xa que a súa aliminación é xa case que imposible, como quizáis sexa o caso do propio cangrexo de río americano, ou o visón americano.


Un dos casos máis frecuentes de introdución acontecidos na provincia, é a orixinada pola solta indiscriminada de especies de peixes alóctonas nos diferentes cursos fluviais. Son moitas as especies que foron introducidas para satisfacer o gusto dos afecionados á pesca deportiva.


Sen embargo non todos eles pensan igual, sabido o dano que algunhas das especies novas provocan nas poboacións das especies autóctonas, como por exemplo na troita.


Así, algúns pescadores sacrifican sistemáticamente todos aqueles exemplares de especies alóctonas que pican no seu anzol, un claro exemplo é esta carpa atopada nunha papeleira a carón do río Miño en terreos do concello de Cenlle, exemplar, por outra banda, dun tamaño máis que apreciable.

jueves, 4 de agosto de 2011

O gato: un depredador urbán.














































Imos agora a tratar en certa medida un tema, que coido, vai ser espiñoso e quizáis algo polémico, como son os gatos asilvestrados urbáns. Tódalas cidades polas que teño estado teñen como depredador principal na cadea trófica ao gato doméstico (Felis catus) (ou felis lybica segundo algúns autores).



O costume que ten algunha xente de abandoar a mascotas nas rúas (máis algunha outra que escapa), trouxo consigo que na actualidade, na cidade de Ourense, existe un numeroso continxente de gatos nas rúas. Estas poboacións dependen an gran medida da comida proporcionada por algunha ánima caritativa, e tamén pola que eles mesmos son capaces de conquerir polos seus propios medios, ben sexa no lixo, ou cazando. E sí cazando, non é falsa a idea de que os gatos rueiros non deberían ficar nas rúas, pero pregúntome eu, de non existíren, serían os roedores os que camparían ás súas anchas polas rúas? unha reflexión sin dúbida que ben seguro traerá cola.


Na actualidade está prohibido segundo a normativa municipal do concello de Ourense, darlle comida aos animais nas rúas, tanto sexa gato, coma pomba ou pardao. Asemade existe un programa de esterilización de gatos asilvestrados na canceira municipal, e colocáronse unha serie de casetas para proporcionar refuxio e comida aos gatos rueiros.


Nestas imaxes tendes a proba da alta capacidade adaptativa do gato doméstico ao hátitat urbán ourensán. A femia que vos mostro captura un paxaro, a carón do río Barbaña, para darllo a un fillo que tiña agochado na mesma canle do río. Un lugar que por outra banda posúe unha poboación de gatos moi importante a nivel local.


Sin máis agardo as vosas opinións sobre o que estas imaxes amosan, a ver si entre todos sacamos alguna conclusión.