COLEGAS

martes, 23 de agosto de 2011

O pequeno cobregón no Barbantiño.



Quizáis nado neste mesmo ano, este pequeno cobregón (Malpolon monsoessulanus) está destinado a ser un dos maiores réptiles da nosa provincia. Namentras os escasos 15 cm que posúe actualmente non acadan superar o metro e medio de lonxitude ou máis que pode chegar a medir, terá que sortear numerosos perigos.


Entre os perigos principais estará non morrer atropelado, xa que o cobregón é unha das epsecies de réptiles que máis padece este problema na nosa provincia. Asemade terá que sortear o odio e ánima adversión que provoca en certas persoas, que tratan, por tódolos medios de eliminala. E por se isto fora pouco, dos depredadores, e os lumes...unha vida intensa chea de perigos.



O cobregón, tamén chamado cobra rateira pola súa alimentación, de adulto, basa gran parte do seu sustento en roedores (curioso...se algún o soupera o pensaría dúas veces antes de matala).

Esta pequena cobra rateira, vive aínda nas cercanías do río Barbantiño, nos límites dos concellos de Punxín e Ourense, unha vida que de momento terá por fin a captura de pequenos insectos e algunha lagartixa para tratar de chegar a ser o maior de todos, e escalar posicións na complicada pirámide trófica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario